Mosquetón de avancarga con baioneta da época da Guerra da Independencia Francesa con culata en madeira, canón e baioneta en ferro e correa en coiro. A baioneta é o modelo AN-IX para tropa de infantería. De liña esvelta e innovadora, era a baioneta máis lixeira, segura e efectiva de todas as Guerras Napoleónicas. Triangular, cunha das súas caras plana e as outras dúas baleiradas; suxeición tradicional de cubo provista dunha abrazadeira de seguridade. Leva o número de serie 739 e as siglas B Z.
Sabre de oficial composto de puño en madeira e gardaman de tres gabiáns con folla curva dun só fío, vaíña en pel con apliques en metal repuxado bañado en ouro. Decoración figurativa dunha ménade danzante e da alegoría da Prudencia.
Espadín de cruz con remate en landra con mango de madeira e lamia de dobre fío de dúas mesas con dobre acanaladura. Vaina en coiro e apliques en bronce, un escudo Cruz de San Xurxo na parte superior e empuñadura tamén en bronce cunha cruz gravada na parte central.
Trabuco de pedernal ou chispa e avancarga. Canón curto e acampanado. Na platina coa marca de fábrica:"TOWER" e unha coroa coas iniciais gravadas:{"G.R".-I-GILL( B)}
Espada de folla zigzagueante e empuñadura rematada en madeira. Kriss de posible orixe filipino, probablemente de Malaisia. A espada é corta de folla sinuosa, acanalada e de filos paralelos que se ensancha na súa base para ensamblarse con outro elemento que serve de garda á man; unha forquiña que se fixa á empuñadura e traba ambas pezas suxeita o conxunto. A empuñadura é de madeira e está recubierta por un tecido trenzado.

Espingarda ou arcabuz de caza de pedernal ou chispa e avancarga; con canón longo en ferro en parte recuberto con láminas gravadas de bronce e latón, culata en madeira, ferro e outros metais e apliques de coral, rematada en flecos de coiro.
Espadín de cinxir da Garda Civil, con filo dunha mesa. Empuñadura en bronce repuxado con gabiáns rectos con ornamentación vexetal e botón con forma de flor. Presenta unha concha volta en bronce onde figuran as iniciais, apenas visibles, a cada lado do escudo G.C. no medio o escudo que se supón da garda civil.
Espada de cinxir con gardamán e gabiáns rectos con galluelo e concha volta carece de apliques nas cachas, talvez desprendidas; o filo, dunha mesa. Botón cunha flor e gardamán con motivos vexetais e animais e figurada dun Hermes.
Espadín de cinxir con empuñadura que consta de gardamán e gabiáns rectos con galluelo e concha volta, botón con forma de flor e gardamán con motivos vexetais e animais, cabeza de león. O filo presenta tres mesas.
Baioneta de cubo en ferro. É o modelo AN-IX para tropa de infantería. De liña esvelta e innovadora, era a baioneta máis lixeira, segura e efectiva de todas as Guerras Napoleónicas. Triangular, cunha das súas caras plana e as outras dúas baleiradas; suxeición tradicional de cubo provista dunha abrazadeira de seguridade. Leva o número de serie 77.
Carpeta glosario de Miguel Ángel Quesada que contén o seu título de coronel de artillería e o certificado de expedición da Gran Cruz da Águia Xermánica outorgada polo III Reich.
Casco en metal de cor verde e correa de coiro, checo, modelo 1930, semiesférico e de viseira voada, cos característicos tetóns de aireación. Foi o empregado polas Brigadas Internacionais na Guerra Civil española. De casquete semiesférico, as súas alas conforman una planta perfectamente oval, co canto vivo, sen rebordo. O Goberno da República adquiriu prácticamente todas as unidades do Mº 30 a Checoslovaquia tras o golpe fascista. Os tetóns de aireación eran semellantes aos dos cascos alemáns e austriacos da Primeira Guerra. Pero neste caso non estaban previstos para sustentar ningún tipo de coiraza protectora. Quedaban sólidamente suxeitos ao casco mediante o remachado interior reforzado por fortes arandelas de aceiro.

Insignia de somatén de don José Taboada Zúñiga, nomeado cabo de distrito de Vedra da 8ª Rexión en xullo de 1924, con carné nº 11725. Consiste nun escudo de España fundido a molde en latón dourado orlado de coroa de laurel cinxida por faixas epigrafiadas nas que se le o lema: PAZ PAZ Y SIEMPRE PAZ. O escudo vai prendido nunha escarapela en algodón coas cores da bandeira española. Corresponde a insignia ás producidas por HIJO DE B. CASTELLS na súa fábrica de Barcelona.