Marco expositor coas condecoracións militares de D. Miguel Ángel Quesada. Contén 9 medallas, algunhas delas con "Sufrimiento por la Patria, premio a la constancia militar, al mérito en campaña...etc"
Medalla circular en cobre, coñecida como do "Alzamiento y Victoria" conmemorativa do golpe fascista do 18 de xullo do 1936 e vitoria do 1 de abril do 1939. Na cara anterior, unha alegoría da Vitoria alada esgrimindo nunha man unha espada (xustiza) e na outra unha cruz latina (relixión católica) sobre o xugo e frechas, emblemas da Falanxe Española, que amañecen no fondo. Asinada por J. Vicent. Na parte inferior, a glosa "18 JULIO 1936 ALZAMIENTO". Na cara posterior, tres soldados de perfil desfilando, alegóricos das chamadas Forzas Nacionais, a saber, o soldado nacional, o falanxista e o requeté, coa glosa “1 ABRIL 1939 VICTORIA", asinada por Montagvt. Cinta coas cores da bandeira nacional española, roxa e gualda, dentro dun pasador metálico.
Medalla militar ovalada en prata da Campaña de Marruecos, correspondente a oficial do exército nas campañas do Riff (1909-1927). No anverso, en medio relevo, busto de Alfonso XIII de perfil (esquerdo), co uniforme de Capitán Xeneral, pasador de condecoracións e casco dos denominados de "pincho", empregados no exército español naquela época, orlado de ramas de laurel e a lenda "Marruecos". No reverso, unha Vitoria tipo Samotracia cunha palma na man dereita e unha coroa de laurel na esquerda. Como fondo, unha paisaxe cun abrente e a Alcazaba de Zeluán (á dereita da Vitoria) e as ladeiras do monte Gurugú (á esquerda da Vitoria), cerca de Melilla. Aos seus pés, na dereita, o escudo de armas de España, e na esquerda, o correspondente a Melilla, orlados con ramas de laurel e oliveira. Na parte superior, a lenda "Reinando Don Alfonso XIII". Sobre o borde superior, solidario coa medalla, unha coroa real pechada, sen orbe nin cruz (que si había nas primeiras versións).
Medalla militar en bronce "Premio a la Constancia" da O.J, monograma da Organización Juvenil de Falange. Trátase do primeiro modelo orixinal, con data de emisión do 29 de outubro de 1939 A.V. epigrafiado na parte baixa. No anverso, unha man de perfil sostén un orbe coroado por unha cruz, flanqueado polas iniciais O á esquerda e J á dereita. O reverso é plano. Conserva o pasador, tamén en cobre, a finta e a suspensión orixinais, en algodón coas cores gualda, sable e gualda, da Falange.
Medalla circular en cobre, coñecida como do "Alzamiento y Victoria" conmemorativa do golpe fascista do 18 de xullo do 1936 e vitoria do 1 de abril do 1939. Na cara anterior, unha alegoría da Vitoria alada esgrimindo nunha man unha espada (xustiza) e na outra unha cruz latina (relixión católica) sobre o xugo e frechas, emblemas da Falanxe Española, que amañecen no fondo. Asinada por J. Vicent. Na parte inferior, a glosa "18 JULIO 1936 ALZAMIENTO". Na cara posterior, tres soldados de perfil desfilando, alegóricos das chamadas Forzas Nacionais, a saber, o soldado nacional, o falanxista e o requeté, coa glosa “1 ABRIL 1939 VICTORIA", asinada por Montagvt. Cinta coas cores da bandeira nacional española, roxa e gualda, dentro dun pasador metálico.
Molde para fundir proxectís de chumbo, para arcabuz, en forma de tenaces, con 31 cavidades de diverso calibre. Consta de dúas caras, equivalentes ás dúas metades de cada unha das bolas, pregables na súa unión, e asas en madeira para abrir e pechar. Unha vez pechada, orixínanse os condutos polos que se vertía o chumbo líquido.
Pasador militar en prata coa inscrición en maiúsculas MELILLA, distinción epigráfica da demarcación territorial das guerras do RIFF (1909-1927) de acordo co Real Decreto do 29 de xuño de 1916. Acompañaba, especificándoa xeográficamente, á condecoración da Medalla Militar de Marruecos (peza 1350 deste inventario). Propia tanto de xefes e oficiais, como é o caso (en prata) coma das clases e tropa (en cobre) do Corpo de Seguridade do Exército español.
Puñal tipo almarada con empuñadura en madeira tallada e no lateral coa cabeza dunha aguia. Conserva aplicación vítrea para semellar os ollos. Folla moi estreita de tres aristas en ferro.
Yatagán pequeno: machete turco coa folla curva dun só fío en aceiro con gravado cincelado decorativo no anverso e reverso, no arranque da folla. Nunha cara, un cervo e motivo acantiforme. Na outra, unha dama pasea o seu can apoiada nunha espingarda. Punzón estampado nun dos lados, frustro. Mango de madeira con remates de alpaca.