Taboleiro de puntuacións de billar de carambola. Feito en madeira de piñeiro con cuberta de lámina de castiñeiro. Conserva as bolas de ábaco e numeración orixinal. Cadrado, con remate en copete no que figuran as iniciais do propietario, SC, monograma probábel de Secundino Cuenca. De posíbel fabricación catalana de comezos do XX, segue o tipo dos que producía Francisco Amorós para a Real Casa, moi semellante aos ofrecidos pola ebanistería de Mayor i Poch no seu taller barcelonés, abertos á persoalización do cliente na decoración do copete, precisamente, como é o caso.
Taqueira para o xogo de billar. En madeira de piñeiro con cuberta de lámina de castiñeiro, como embelecedor. Ramatado nun copete vexetal flanqueado por pináculos, pintado este remate en negro, imitando un acabado en caoba. Conserva dous dos tacos orixinais. De posíbel fabricación catalana de comezos do século XX, segue o tipo dos que fabricaba Francisco Amorós, proveedor da Real Casa, moi semellante aos ofrecidos pola casa Mayor i Poch no seu taller barcelonés de ebanistería, abertos á persoalización do cliente na decoración do copete, precisamente.
Cinceiro en cobre con forma de cunca. Na parte superior, percorren a repisa dez moedas de dez céntimos do S.XIX (Ano 1879) da época de Alfonso XII; e facendo de pés tamén tres moedas da mesma época.
Cinceiro en cor branco, con cenefa con debuxos xeométricos en losange de cor verde e tres apoios para cigarros resalteados en esmalte dourado. Na parte central o monograma do 75º batallón de artillería.
Cinceiro de cerámica de Macao, de forma cadrada con dous ocos separados pola metade, coa representación dunha paisaxe chinesca e flores en tons verdes e rosas.
Cinceiro de cerámica de Macao, en forma cadrada con dous ocos separados pola metade, coa representación dunha paisaxe chinesca e flores en tons verdes e rosas.
Cinceiro en cerámica de O Castro de cor branca con orla azul e escudo heráldico central da cidade de Ourense (campo de prata, sobre ondas de azur e prata, ponte de cino arcos de ouro, sumado na destra por un castelo de ouro, almenado, mazonado de sable e aclarado de gules e, a sinistra, león rampante armado, unllado e ligunado de ouro que levanta unha espada do mesmo metal e, no centro do xefe, unha coroa real pechada.
Cinceiro en cerámica de O Castro con orla azul oscuro, no que aparece representado o escudo de Monforte de Lemos, coa consabida Tau alusiva ao mosteiro franciscano de Santo Antonio.
Cinceiro en cerámica de Talavera, circular, con pequenas asas de perfil mixtilíneo, para apoio dos cigarros. Decorado no corpo cunha escena pincelada dunha paisaxe cunha ave en tons azuis, verdes e ocres.
Espora de prata, con marcaxe e punzón de prateiro: inicial P baixo coroa real e, nun cartucho rectangular, as iniciais TRI. As cadeas de unión coa bota van rematadas con cadanseu mascarón de león.
Espora de prata, con marcaxe e punzón de prateiro: inicial P baixo coroa real e, nun cartucho rectangular, as iniciais TRI. As cadeas de unión coa bota van rematadas con cadanseu mascarón de león.
Estoxo en latón dourado para chisqueiro de gas. De forma ovoidal de lados alongados, presenta decoración repuxada a molde de volutas en forma de C e motivos florais. A tapa ábrese mediante bisagra.
Ficha de xogo, circular, feita en óso, labrada por ambas caras con decoración incisa xeométrica, a base de círculos concéntricos. No centro, un círculo cóncavo lacado en roxo. Probablemente sexa do xogo backgammon.
Mesa de billar francés, de carambola, da casa Henri Prestable, fundada en 1864. Vai apoiada en catro pés troncocónicos invertidos e facetados. O taboleiro é de lousa, nunha soa peza, tapizado en pano verde. O orixinal era vermello. Leva nas bandas cadansúa decoración de losange en marfil, os marcadores en realidade. Perdeu os posíbeis cinceiros, quizais de aluminio ou peltre, nos laterais.
Pipa de cana alongada en madeira, vástago en ferro e boquilla en caucho. A cazoleta, en forma de campá invertida e alongada, co seu tubo de enmangue inferior, vai en porcelana, o que suxire unha probábel procedencia centroeuropea. A cana, moi basta, non é a orixinal. A cazoleta carece da tapa metálica abisagrada que tiña orixinalmente, mais si conserva parte dos adornos florais orixinais en esmalte dourado, o que podería confirmar unha orixe alemá ou mesmo tirolesa.