Atril en madeira policromada de castiñeiro coa face en forma de grella abalaustrada de pau que apoia a súa base de perfil ondulado en catro pés con molduras de touro.
Atril fixo de sobremesa en madeira de castiñeiro. A base de apoio en forma de bastidor cadrangular, inclinada. A tapa ou plano de apoio é lisa. O antepeito para asentar o libro consiste en dúas pezas trapezoidais co lado superior lixeiramente cóncavo.
Caixa de escritorio en madeira de caoba con cantoneiras e reforzos do ensamblaxe en metal dourado e tiradores laterais embutidos, no mesmo material e en forma de U. Bocachave no frontal. Ao abrilo, presenta un taboleiro inclinado de escritorio, a modo de atril, pregable e cuberto con pano de veludo verde que se usaba para escribir. Inclúe dous ocos para gardar papel, plumas… e un caixón no flanco dereito extraíble para o mesmo.
Caixa para gardar mistos de Limoges, en porcelana, no anverso unha paisaxe inglesa con cazador do raposo. No lateral, rosetóns florais hexapétalos en dourado.
Campaíña en prata, con todo o corpo decorado con cenefas de láureas dispostas en grilanda. Asa en forma de astil abalaustrado rematado en moldura de bocel e bola. Marcada co león rampante cordobés. Do prateiro cordobés Castejón, marcada polo contraste Torre (véxase a peza 473)
Salvadeira en bronce dourado de corpo octogonal, boca e pé lixeiramente exvasados e moldurados. Non conserva a tapa coas correspondentes perforacións. O borde conta con catro buratos para as plumas.
Bandexa de escribanía en prata de forma rectangular e apoiada en catro pequenos pés de forma troncopiramidal co seu frente decorado cun ramallete de flores repuxado. Antepeito corrido perimetral, calado en losange, a modo de celosía, ritmado no remate por pináculos de bola (cinco nos lados maiores e tres nos menores) unidos por grilandas. Na base, os tres ocos para disposición do tinteiro, da salvadeira e do portaplumas. Marcada co inconfundíbel león rampante cordobés. Do prateiro cordobés Castejón (CAST), marcada polo contraste TORRE baixo a cifra 36, relativa ao ano e para mellor certeza cronolóxica.
Salvadeira en bronce de corpo cilíndrico, co pé e moldura superior lixeiramente exvasados perfilados con arista, con tapa en forma de media laranxa apuntada coroada cunha landra.
Portaplumas en bronce de corpo cilíndrico con tinteiro con tapa de media laranxa apuntada con campaíña. Con decoración a base de cenefas de cordonciño.
Tinteiro en bronce de corpo cilíndrico con lixeiro éntase, pé e moldura superior exvasados, remarcados con cenefa de cordonciño. A tapa, de media laranxa rebaixada e apuntada rematada cunha landra.
Salvadeira de corpo poligonal de lados facetados sobre pé circular moldurado, en metal bañado en prata. Tapa en forma de cupulín coroado por unha aguia.
Portaplumas con base cadrada decorada na parte frontal e traseira con cadanseu floreiro e rematado por un putto mensaxeiro que sostén un atado e apoia, en contraposto, sobre un libro pechado. Conta con catro ocos para colocar as plumas.
Portaplumas de tres ocos en metal bañado en prata de corpo poligonal de lados cóncavos sobre pé circular moldurado. Tapa en forma de cupulín coroado por unha aguia.
Bandexa de escribanía, de planta cadrilonga coas esquinas redondeadas, en metal branco bañado en prata. Apoiada en catro patas aladas, con copete de venera, en forma de garra.
Bandexa para escribanía de planta rectangular coas esquinas cortadas en chafrán. No plano, conta cos tres ocos para acomod do tinteiro, salvadeira e portaplumas. Vai apoiada en catro pés en forma de garra, e un pequeno orificio na parte traseira para colocar a pluma.
Portaplumas en porcelana de cor rosa, corpo cilíndrico percorrido con motivos florais a pincel. Borde superior en bronce. Da casa de Amable Dubourget, fabricante parisino de escribanías.
Tinteiro en porcelana de cor rosa, co seu corpo cilíndrico decorado con motivos florais a pincel. Tapadeira en bronce repuxado e coa inscrición: "Encrier-A.D Paris""A POMPE"(Tinteiro-A.D-París-bomba) que dá conta do sistema para manter a tinta (Véxase notas). Da casa de Amable Dubourget, fabricante parisino de escribanías.
Salvadeira en porcelana de cor rosa, corpo cilíndrico, coa tapa e pé lixeiramente exvasados. O corpo vai decorado cunha cenefa de grilandas florais feitas a pincel. A tapa en bronce con pequenos buracos. Da casa de Amable Dubourget, fabricante parisino de escribanías.
Bandexa de escribanía en madeira con tres ocos redondos que serven para colocar o tinteiro, o portaplumas e a salvadeira; soporte en bronce para colocar tres plumas. Da casa de Amable Dubourget, fabricante parisino de escribanías.
Libro coas cubertas de vaqueta. Antigamente era un libro de contas sen estrear, adaptado posteriormente (S. XX) por D. Benjamín de Prado como libro de sinaturas para uso de Mª Paz Taboada. Na cuberta aparece representado o escudo heráldico que ostentaba a familia en tempos de Francisco Garza Quiroga tras o seu matrimonio con Inés Sarmiento Valladares, cuxas heráldicas figuran no escudo de mármore da fachada do pazo.
Portaplumas en prata de copo cilíndrico, con cenefas de láureas dispotas en grilanda. Tapa lixeiramente exvasada, en forma de media laranxa moi rebaixada, con tres buracos para asento das plumas e asideiro troncocónico invertido de base recurvada.Marcada co león rampante cordobés. Do prateiro cordobés Castejón, marcada polo contraste Torre (véxase a peza 473)
Recipiente en cerámica branca ribeteado en dourado e motivos florais, coa inscrición: "Buenas noches". Seis orificios na parte superior en forma circular e outro rectangular na parte inferior.
Salvadeira en louza de Sargadelos de cor branco. Da III Época, o seu corpo é octogonal, todo él estampado en azul cobalto cunha paisaxe da serie imaxinaria, tipo Góndola.
Salvadeira en louza de Sargadelos de cor branco. Da III Época, o seu corpo é octogonal, todo él estampado en azul cobalto cunha paisaxe da serie imaxinaria, tipo Góndola.
Salvadeira en prata de corpo cilíndrico, de boca e pé exvasados. Leva cenefas repuxadas de láureas dispostas en grilanda nas divisións do corpo. A tapa superior con buracos que debuxan unha flor hexapétala. Na mesma tapa, o punzón cordobés: león rampante con cola eseada nun cartucho ovoide. Do prateiro cordobés Castejón, marcada polo contraste Torre (véxase a peza 473)
Selo de lacre de prata, cadrangular e heráldico, fundido ao molde, coas armas dos Feijoo: un escudo tipo francés moderno coroado coa condal e, no campo, unha espada de prata en alto encabada de ouro, acompañada de seis bezantes de ouro colocados en dous paus de a tres a cada lado. O mango, tallado en marfil, de posíbel orixe holandesa, está formado por dúas mans estreitadas en sinal de acordo, rematadas en forma de capitel globulado.