Balanza de cambiador para moedas de ouro ou mesmo azafrán. Conserva o estoxo, en madeira, de forma pentagonal apaisada e peche horizontal cos ocos para acubillo dos correspondentes 6 ponderais e do corpo e pratos da propia balanza. A balanza: en ferro o corpo e os pratos en latón, suxeitos con cordón branco aos brazos. Dos ponderais conserva 2, un troncocónico e outro de flan troncopiramidal, coas respectivas medidas (dobrón) e marca de fábrica, en forma de tritón, e botóns superiores de suxeición.
Balanza de cambiador para moedas de ouro. Tamén empregada para pesar azafrán. Conserva o estoxo, en madeira, de forma rectangular e peche horizontal cos ocos, no interior, para acubillo dos correspondentes 7 ponderais e do corpo e pratos da propia balanza. A balanza, en ferro o corpo e os pratos en latón, suxeitos con cordón verde e amarelo aos brazos. Dos ponderais conserva 2, de flan troncopiramidal, coas respectivas medidas (dobrón) e marca de fábrica, en forma de tritón, e botóns superiores de suxeición. Adherida á tapa, por dentro, etiqueta de papel con explicación impresa coas indicacións dos pesos e instrucións para o peso de moedas.
Barómetro en madeira con depósito en vidro para o mercurio. Parte superior coa lenda das diferentes medicións e sinatura do autor, o suizo Enrique Luard (Lausana, 1785-?), orfebre, fotógrafo e reloxeiro afincado na Coruña a partir de 1806.
Báscula de precisión de bronce para pesar moedas de prata e de ouro con decoración floral repuxada no pé. Trátase dun vástago oco, con mola no interior, que nace dun pé exvasado e moldurado, e remata na repisa, plana, onde colocar a moeda.
Chave de reloxo de peto, para lle dar corda. Consta dunha argola superior lisa, en bronce dourado, que coroa un pequeno vástago ou brazo, en ferro, oco no seu extremo. A argola conta cun ariño para pendurar a chave da leontina ou do propio reloxo, do seu anel de suspensión.
Chave de reloxo de peto, para lle dar corda. Consta dunha argola superior panzuda na súa parte inferior, labrada con motivos florais, en bronce dourado, que coroa un pequeno vástago ou brazo, en ferro, oco no seu extremo. A argola conta cun ariño para pendurar a chave da leontina ou do propio reloxo, do seu anel de suspensión.
Chave de reloxo de peto, para lle dar corda. Consta dunha argola superior lisa, en bronce dourado, que coroa un pequeno vástago ou brazo, en ferro, oco no seu extremo. A argola conta cun ariño para pendurar a chave da leontina ou do propio reloxo, do seu anel de suspensión.
Chave de reloxo de peto, para lle dar corda. Consta dunha argola superior lisa, en bronce dourado, que coroa un pequeno vástago ou brazo, en ferro, oco no seu extremo. A argola conta cun ariño para pendurar a chave da leontina ou do propio reloxo, do seu anel de suspensión.
Chave de reloxo de peto, para lle dar corda. Consta dunha asa superior de perfil hexagonal, en metal dourado, que vai atravesada por un parafuso que desemboca no vástago inferior, oco, para introducilo na boca de corda. A asa hexagonal vai acomodada sobre un vástago co mesmo baño dourado, de perfil abalaustrado, cunha moldura hexagonal labrada con decoración xeométrica incisa, da que sobresae o anel para pendurar da coroa do reloxo.
Coroa de reloxo de peto, posíbelmente do Lepine, peza 1361, deste inventario. Polo tanto, da mesma casa francesa "Jean Frazy et Fils". Conserva a argola de suspensión.
Ponderal de vasos aniñados en aliaxe de cobre. De corpo troncocónico invertido, con tapa abisagrada e peche de broche. Contén as cinco pesas de tamaño decrecente no interior. Encaixan unhas coas outras. Inclúe a maior, denominada gardador, que pesa como as demais xuntas, e a menor, maciza, chamada disco. Na tapa figura o número 8 e a marca de fábrica, en forma de tritón. Os vasos levan a súa correspondente medida en onzas, agás o disco, por suposto.
Reloxo de Alfredo Delage de caixa alta de péndulo, con calendario mensual, coa caixa de madeira policromada en tons verdes e motivos florais en dourado. A decoración da esfera é unha escena simbólico en folla de lata repuxada, cunha escena relixiosa moi interesante que aclaramos nas notas.
Reloxo mural, "ollo de boi", con mecanismo Morez, feito en París. A súa esfera oval é ondulada, con alma de madeira de piñeiro recuberta por lámina de alabastro nacarado. Vai salpicada no seu campo con ornamentación floral e xeométrica esmaltada con embutidos de nácara. Os números romanos van en cursiva inglesa, dispostos en cartuchos de porcelana orlados con cenefa acantiforme de latón dourado con cadanseu copete floral e de rocalla. As agullas son caladas, con tracería gotizante. Consta de dous orificios para dar corda. O marco, de estilo isabelino, é de perfil ondulado e está tallado en madeira ebonizada. A caixa, con tapa acristalada, é hexagonal, feita en madeira de piñeiro. É de apertura frontal e superior mediante unha bisagra e feche de femia. Conserva a chave para lle dar corda (para uns 8 días) no interior. Sonería sobre gong de péndulo (ben conservado) ás horas e medias.
Reloxo de sobremesa tipo bracket, coa súa caixa en mármore negro, pulido e veteado. Resolto o frontal a modo de fachada de templo dístilo de piastras veteadas en tons grises. Leva decoración embutida, fileteada e nacarada acantiforme nas albanegas e faldón da esfera. Coroado por frontón curvo con acrótera de remate corrida. Vai erguido sobre basamento cadrangular que sobresae en planta, coa mesma decoración de embutidos de nácara no frontal. A esfera, esmaltada en branco, leva a numeración en romanos e orla dourada. Tan só leva o número de serie na maquinaria.
Reloxo de parede José Ramos con péndulo compensador, chamado de grella, de sete variñas en diferentes metais como bronce e zinc; caixa de madeira de castiñeiro decorada con calcomanías.
Reloxo de sobremesa en cristal de forma rectangular apoiado en catro pés de latón en forma de esfinxe, afrontadas ambas, e parte superior con decoración de grilandas tamén do mesmo material. Imitación estilo Imperio.
Reloxo con calendario de caixa alta da casa inglesa de William Dorrel (1784-1810), decorado no frontal cunha chinoiserie de repertorio, o ascenso a un dos cumios sagrados da China, de reflexos dourados e de gran calidade técnica. Consideramos que a caixa é anterior á maquinaria do reloxo, pois responde ao tipo xorxiano, moi semellante aos producidos por un Joseph Davis en Londres, cara os anos 40 do século XVIII. A decoración, en tons ocres sobre fondo negro, a base de superposición de lacas, executada de maneira lenta e delicada para alcanzaren o relevo adecuado, nunha superficia lisa e bruñida. Esfera cadrada con copete semicircular. Hai exemplares deste tipo no Palacio Barones de Valdeolivos (inv. V0166) e no Museo de los Relojes de Jerez.
Reloxo espertador de sobremesa e de corda; con esfera independente para os segundos e para o espertador. Apoiado en dous pés, e na parte superior o timbre. Tapa da maquinaria cun debuxo inciso en forma de estrela de oito puntas.
Reloxo de caixa alta en madeira de castiñeiro. Remate en forma de lanterna con ménsula de cabeza de querubín. O cupulín co que se pecha a lanterna apoia en pilastras festoneadas; cornisa quebrada e plementería calada con cadanseu óculo ovalado. Os nervios do cupulín van decorados con volutas drapeadas. Como guinda de remate, coroa imperial. O basamento vai decorado con placas recortadas tipo compostelán e cornisamento con gallóns en resalte. Incompleto; Consta únicamente da caixa, non ten maquinaria.
Reloxo de parede tipo lanterna en latón dunha soa agulla. Leva na esfera laureada que decora o remate superior a inscrición coa marca de fábrica "Willian Creak London". Apoiado en catro pequenos pés.
Reloxo de peto, tipo saboneta, con coroa ás 3. De esfera de porcelana tipo isabelina con orla e emblema central dourado con decoración fitomórfica de grilandas de roleos; campo nacarado e numeración romana en negro. Segundeiro ás 6. Caixa de prata de tres tapas. A dianteira, con gravado a guilloché e escudo de campo baleiro (para gravar as iniciais do propietario, supoñemos) orlado cun cinto; no interior, numeración en cursiva 26431. A traseira presenta tamén gravado xeométrico a guilloché. No interior, a mesma numeración. O gardapó de metal presenta dous orificios para a toma de corda e posta en hora mediante chave e gravado CYLINDRE. Do que deducimos que o mecanismo é de pontes, con escape de cilindro, espiral Breguet e 8 rubís. Non conserva a chave de corda (pero véxanse as pezas 1452 e seguintes deste inventario). As agullas son pavonadas, tipo pera.
Reloxo de peto tipo lepine, de dúas tapas abisagradas. Unha anterior que se abre presionando a coroa, situada como é de rigor, ás 12, e gardapó. Da casa francesa Olivier, Lyon, con número de serie 556 en cursiva. Semellante aos producidos por Breguet naquela época. De aceiro dourado e esfera en esmalte branco, con orificio de corda ás 2 e numeración en arábigos dispostos en cursiva. A agulla das horas, tipo pomme évidée calada. A dos minutos, de folla estilizada. Non conserva a chave de corda (pero véxanse as pezas 1452 e seguintes deste inventario).
Reloxo de peto tipo lepine, orixinalmente de dúas tapas abisagradas. Unha anterior que se abría presionando a coroa (non conservada in situ, pero véxase a peza 1457), situada como é de rigor, ás 12, e gardapó. Da casa francesa "Jean Frazy et Fils", epigrafiados ás 6 e con número de serie 14974 en cursiva no interior. De aceiro dourado e esfera en esmalte branco, con orificio de corda ás 2 e numeración en arábigos dispostos en cursiva. A agulla das horas, tipo pomme évidée calada. Perdeu a dos minutos. Non conserva a chave de corda (pero véxanse as pezas 1452 e seguintes deste inventario).
Reloxo de caixa alta en madeira de castiñeiro. Estilo Xurxo III. Na parte do reloxo so ten a esfera coa numeración. Incompleto, pola falta de maquinaria.