Alfombra realizada en tear con liño e lá con motivos xeométricos en tons negros, branco , azul e verde. Na parte central un floreiro e o nome das autoras: "Clara Cardenosa e Sebastiana García". Rematada en flecos. Quizais provinte do taller de "El Bodón", na provincia de Salamanca, pois facían alí alfombras artesanais deste tipo.
Alfombra decorada orixinariamente con motivos florais en tons azuis, granates e ocres. Hoxe un vestixio dunha gloria pasada. Feita nos talleres da Real Fábrica de Tapices, esta alfombra pertenceu aos ancestros de dona María de Andrés e figura nas fotografías da casa que tiña na rúa da Senra nº 5 (Santiago de Compostela) don Melitón de Cuenca San Juan.
Coxín co seu anverso en veludo granate, bordado con fíos de metal dourado formando grilandas flordelisadas nas esquinas co complemennto heráldico nunha delas: un escudo cuartelado, réplica bordada do da fachada do pazo pero invertido na disposición dos cuarteis: sarmiento, valladares, garza e quiroga; o reverso liso con tea vermella.
Tapete en forma circular con anacos de damasco de diferentes cores e veludos. Rematado con cintas de pasamanería en dourado e nos bordes flocadura con borlas en granate e beixe.
Tapiz en tea de cor roxo, no centro co escudo heráldico cos apelidos: Taboada, Sarmiento, Suárez de Deza e o cuarto cuartel un composto do apelido Varela. O tapiz rematado en flecos amarelos.