Agulla alfiliforme tallada en óso de balea con ollo para enliñar lá para faceren roupa de crianza. Posíbel traballo artesanal mariñeiro orixinario do porto baleeiro de Nantucket.
Base de alfineteiro, en forma de coroa calada e tallada en óso de balea. Iría enroscada á peza nº 1333 do inventario, pois formaban unha unidade desmontable: caixa de dedal e alfineteiro. Posíbel traballo artesanal mariñeiro orixinario do porto baleeiro de Nantucket.
Caixa de agullas de coser para noiva/esposa/irmá de mariñeiro feita en óso de balea. En forma de peixe, consta de dúas partes: base e tapa ou remate superior extraíble. Decorado con pequenos discos de latón lacados en negro e, no anverso, cun pirogravado enmarcado que contén a silueta dunha muller vestida á moda de mediados do XIX (intúese un miriñaque) no que semella un escenario teatral. Posíbel traballo artesanal mariñeiro do porto baleeiro de Nantucket.
Caixa ovoidal tallada en óso de balea, con decoración incisa en forma de escama de peixe e en relevo, lobulada. No interior, na base, os sucos da rosca, onde iría enroscada a peza nº 1334 do inventario coa que formar caixa de dedal e alfineteiro. Posíbel traballo artesanal mariñeiro do porto baleeiro de Nantucket.
Caixa de agullas de forma cónica con escocia á altura do colo e rematado en forma de landra. Tallado a man en óso de balea, inclúe un pequeno oco para enfiar a corda á que iría atado ao cesto do que formaría parte. Posíbel traballo artesanal mariñeiro orixinario do porto baleeiro de Nantucket.
Caixa de agullas de forma cónica con escocia á altura do colo e rematado en forma de landra. Tallado a man en óso de balea, inclúe un pequeno oco para enfiar a corda á que iría atado ao cesto do que formaría parte. Posíbel traballo artesanal mariñeiro orixinario do porto baleeiro de Nantucket.
Gardagullas en madeira de faia. Trátase dun estoxo cilíndrico, rematado nos seus extremos en forma curva. Vai decorado con tres aristas concéntricas inseridas na parte alta e baixa. Nos remates, leva un verniz máis oscuro. A tapa, que abrangue o terzo superior, vai encaixada no propio corpo do estoxo. No interior, cinco agullas de coser en ferro.
Máquina de coser manual de ferro fundido con filigranas e filetes en dourado como decoración en esmalte. O modelo é o da patente de Charles Raymond (1826-1904) do ano 1861 (a correspondente ao 30 de xullo), coñecida como Raymond Chainstitch Machine e producida na súa fábrica a partir de 1870.
Máquina de coser de tracción manual por manivela (de madeira), marca Singer, modelo 27K, nº de serie R 56 63 32, decorada con motivos vexetais dourados esmaltados e litografiados no corpo e incisos na placa de feche dianteira (con debuxos incisos de acios de uvas). Conserva nunha placa a fecha de fabricación da patente, patent 1886, inda que foi un modelo fabricado até as dúas primeiras décadas do século XX.
Ferro de pasar fundido en ferro, de cociña ou quecer, con puño de cor negra e decorado con motivos florais, do número "4". Nela aparece gravada a letra M enmarcada nunha C (ou sexa, 4 Centímetros)
Ferro de pasar fundido en ferro, de cociña ou quecer, con puño de cor negra decorado con motivos florais do número "4". Nela aparece gravada a letra M enmarcada nunha C (ou sexa, 4 Centímetros)
Ferro de pasar, fundido en ferro, para brasas ou carbón, do nº 9, forrada en veludo vermello e verde e adornos de pasamanería. Puño en madeira decorado con motivos florais. Ten cheminea.
Ferro de pasar fundido ferro, de brasas ou carbón, forrada en veludo verde. Puño en madeira. Conta con cheminea e conserva o soporte repousa-pranchas decorado en tres bandas. Na superior, chaves en aspa. Na do medio, iniciais U C. Abaixo, unha M. Todo calado.
Punzón tallado en óso de balea con ornamentación xeométrica incisa e pirogravada rematada no extremo non punzante con cabeza pisciforme e, no contrario, alfiliforme. Empregábase para facer buratos no coiro, confeccionar prendas de lá ou para recoller o cabelo das mulleres. Posíbel traballo artesanal mariñeiro orixinario do porto baleeiro de Nantucket.
Punzón tallado en óso de balea alfiliforme coa metade inferior policromada en vermello. Empregábase para facer buratos no coiro, confeccionar prendas de lá ou para recoller o cabelo das mulleres. Posíbel traballo artesanal mariñeiro orixinario do porto baleeiro de Nantucket.
Punzón/pasador tallado en óso de balea con ornamentación xeométrica en relevo, a base de molduras convexas curvas dispostas nun ritmo de 3 a 3 sucesivos (pequenas e grandes agrupadas) separadas por un segmento abalustrado, rematada no extremo non punzante en forma de copa cónica. Empregábase para facer buratos no coiro, confeccionar prendas de lá ou para recoller o cabelo das mulleres, mesmo como pasador de fechadura de cesto. Posíbel traballo artesanal mariñeiro orixinario do porto baleeiro de Nantucket.
Punzón tallado en óso de balea con ornamentación xeométrica, sorte de collarín e a base de molduras convexas moi suaves que lle outorgan un perfil abalaustrado. Remátase na base en forma de landra. No outro extremo, en forma de rosca, de maneira que iría enroscado a outra peza. Empregábase para facer buratos no coiro, confeccionar prendas de lá ou para recoller o cabelo das mulleres. Posíbel traballo artesanal mariñeiro orixinario do porto baleeiro de Nantucket.