Abano pregable de 14 variñas e dúas gardas. Talladas en marfil con incrustacións de motivos florais. País en pluma de avestruz negras unidas por fío, coma os aanos de baralla.
Caixa en madeira policromada con motivos vexetais en tons negros e dourados que nacen dunha peaña tallada en madeira; o borde da parte frontal en pan de ouro.
Caixa de toucador en porcelana bávara de fondo branco e decorada con motivos florais (pequenos ramalletes de rosas) e filetiños de ouro de raizame rococó.
Caixa de toucador en porcelana bávara de fondo branco e decorada con motivos florais (pequenos ramalletes de rosas) e filetiños de ouro de raizame rococó.
Corno de boi para chamar nas cacerías coa inscrición: "BIBA. MI DUEÑO FRANCISCO: BERNAL" e o pirogravado cunha escena cinexética. O cazador, Francisco Bernal, leva escopeta; en dirección contraria, fuxe unha lebre perseguida por un can. Vai asinado polo pastor que fixo a corneta: SATURIO (probablemente oriúndo de Soria)
Frasco perfumador en cristal, reminiscente do estilo Imperio, organizado en cinco botes encaixados, coma un quebracabezas, nun plan cadrangular. O bote central é de planta cadrada. Preséntase arrodeado por catro frascos trapezoidais de esquinas recurvadas. Todos eles cinguidos por unha estrutura de metal, un soporte que consiste en dúas bandas ou frisos con decoración repuxada de puntas de folla de acanto, unidas en cada cara por dous grifóns de rabo acantiforme flanqueando unha representación dun terme coa deusa Lilit: unha figura feminina, de ás despregadas, sobre estípite. Salientan os tapóns dos frascos. O central leva unha tapa circular de folla de lata moldurada cun cerco superior con decoración incisa, e un pomo en forma de landra. Os recipientes trapezoidais levan anel de folladelata, embelecedor da boca, cun tapón prismático facetado.
Semanario tarxeteiro coa alma de cartón forrada en tea azul e bordado con motivos florais en dourado. Conta con seis departamentos para cada día da semana co nome correspondente bordado en letra inglesa. Fáltalle o martes
Tesoira para marcelar o pelo en ferro de tres puntas móbiles, moi semellante á ferramenta patentada por Marcel Grateau (1852-1936), de quen se tomou o nome deste peiteado en voga a finais do XIX.