Albarelo
- Identificador
- 320/0/0-1-0
- Título
- Albarelo
- Descripción
- Albarelo empregado coma floreiro. En cerámica branca, é de corpo cilíndrico, con lixeira convexidade no fuste. Presenta bocel no beizo, boca exvasada e escocia no pé. No corpo, escudo heráldico en tons azul cobalto, coidamos que pertencente á congregación do Císter ou Regular Observancia de San Bernardo: cuartelado, unha banda xaquelada de dobre serie de escaques, sementado de dúas flores de lis, unha no cantón destro do xefe, outra na siniestra, brazo de monxe con cogula branca empuñando báculo abacial, movente do flanco siniestro da punta. No xefe, a mitra a modo de timbre. Cerco ornamentado con volutas e cuncha de rocalla na punta. Semella da serie talaverá coñecida como "monástica" ou "heráldica". Véxanse as notas.
- Formato
-
Cerámica
Técnica: Cerámica
Alto: 29,5
Diámetro: 9,5 - Procedencia
- Cuarto de estar
- Cobertura espacial
- Talavera de la Reina?
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Olatz Villanueva Zubizarreta, “La ollería y alcallería en la cuenca del Duero a lo largo de la Edad Media y Moderna”, en Manual de céramica medieval y moderna, coord. por Jaume Coll Conesa, 2011; GÓNZALEZ ZAMORA, César: Talaveras. Antiqvaria, Madrid, 2004
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 24 de nov de 18
- Estado de conservación
- BO
- Observación Conservación
- Non figura no cuarto de estar
- Notas
- A peza máis característica do botamen da botica dun mosteiro era o albarelo, que consistía nun tarro cerámico de entre 20 e 30 centímetros, cilíndrico, máis estreito na parte central do seu corpo para collelo con máis facilidade. De boca ancha, adoitaban levar os albarelos unha tapa (inda que non sempre) e destinábanse para conter herbas pero tamén minerais. O albarelo de Tor, de clara procedencia monástica, debe de ser froito da desamortización de Mendizábal; non sabemos como acabou no pazo. Quizais proveña de Oseira, cuxo botamen foi cocido nos alfares de Talavera, antes da renovación dos albarelos aviada por Sargadelos. Pola disposición das armas heráldicas no escudo, podería datarse no último terzo do XVII, mais a falta de referencias deixaremos a cronoloxía nun difuso século XVIII. Na actual botica, reconstruída e recreada, daquel mosteiro, conservan un albarelo idéntico ao de Tor, co mesmísimo escudo da Congregación do Císter (e non a particular do mosteiro)
- Conjuntos de fichas
- Obxectos industriais (OI)
- Medios
-
3200010_0007.bmp
Parte de Albarelo
