Xarrón
- Identificador
- 407/0/0-1-0
- Título
- Xarrón
- Descripción
- Floreiro en forma de ánfora, feito en cristal tallado no galbo en punta de diamante con dúas asas en prata ennegrecida con forma de serea alada bicaudada (cola entrelazada de serpe) e ás de dragón sobremontadas cunha cuncha da que nacen cadanseu cisne que adapta a súa forma, dun xeito harmónico, fluído, á xeometría do perfil da asa, de gusto Imperio. Leva marca do prateiro Félix Granda y Buylla (1868-1954) e da súa empresa Talleres de Arte: trátase dun recadro refundido de esquinas redondeadas cun ramallete de flores de cinco pétalos e, ao carón do tallo, as inicias da casa, T A. Todo en relevo. Debaixo do punzón, o contraste de prata 916, de aí a cronoloxía que barallamos. Interesantísimas as asas, pois revelan a pervivencia ou, mellor, a deliberada recuperación do imaxinario medieval propio daquel contexto filomedievalista, historicista e ecléctico, de principios do XX, que o autor chamaba "obxectos de arte retrospectivo", onde interpolaba elementos do pasado nunha gramática estrutural de certa vangarda. Referímonos a dous mitos literarios de fonda tradición, o de Melusina e a Doncela Cisne, aquí reunidos a través desas figuriñas tenantes que proclaman a influencia dunha fonte gravada finisecular. Unha olleada ao repertorio de imaxes de que dispuña o artista para as súas recreacións botará luz sobre o asunto.
- Autoría
- TA (Talleres de Arte)|Félix Granda y Buylla
- Formato
-
Cristal de roca e prata
Técnica: Tallado
Alto: 34,8
Diámetro: 13 - Procedencia
- Salón do mediodía
- Cobertura espacial
- Madrid|Madrid
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Díaz Quirós, Gerardo (2012). "Talleres de arte y el diseño de espacios interiores para el culto", en Fernández García, Ana Mª: Decoración de interiores. Firmas, casas comerciales y diseño en Asturias. 1880-1990. Oviedo: Septem; Idem, "Notas acerca del est
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 20 de out de 18
- Estado de conservación
- B
- Conjuntos de fichas
- Obxectos industriais (OI)
- Medios
-
4070010_0007.bmp
Parte de Xarrón
