Chinoiserie
- Identificador
- 1185/2/0-5-1184
- Título
- Chinoiserie
- Descripción
- Oveiro "forma de copa" 3ª época personalizado coas iniciais do propietario José María Varela, coengo tesoureiro da catedral de Santiago (posesionouse desa dignidade en 1853). Decoración por estampación calcográfica de chinoiserie e orla corrida chinesca en forma de abanos asociada a un estreito reberete de roleos. Modelos baseados na louza inglesa de Staffordshire propias da época de dirección de Edwin Forester. No reverso, marca estampada mediante tampón con pigmentos sobre o biscoito, modelo "CHINA OPACA/SARGADELOS" nunha filacteria. Dentro do óvalo: "Rª Fábrica"
- Autoría
- Real Fábrica de Sargadelos|Edwin Forester
- Formato
-
Louza
Técnica: Estampado
Alto: 64 mm
Diámetro: 40 mm - Procedencia
- Comedor Principal
- Cobertura espacial
- Lugo, Galiza|Cervo, Sargadelos
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Colección do Museo de Provincial de Lugo - Deputación Provincial de de Lugo, A Louza de Sargadelos, Lugo - San Marcos. 2003
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 18 de nov de 21
- Estado de conservación
- BO
- Grupo/Tipo/Obradoiro
- Cerámica industrila
- Procedencia/Xacemento
- "Casa da Costa"
- Notas
- J.M.V.|Edwin Forester (en realidade Forrester) nacera o 13 de xullo de 1817 en Burslem (foi bautizado ese día). Morreu en Wolstanton, Staffordshire, aos 54 anos, o 8 de agosto de 1871. Foi nomeado director de Sargadelos o 1847. Trouxo de Inglaterra amais das técnicas cerámicas, a decoración empregada en Doulton Burslem, precisamente a apetecida nesta colección: paisaxe fantástica con pagodas, palmeiras e flores cun río zigzagueante polo que navega un barco, animado pola presenza de tres (ou dúas segundo a peza) figuras vestidas á oriental, unha delas con antuca. A terceira época da fábrica (1845-1862), foi a mellor e máis produtiva, cando estivo arrendada á sociedade santiaguesa de Luis de la Riba y Compañía, que importou operarios ingleses e modernizou as instalacións. En Sargadelos, a serie "Chinoiseries", que para as paisaxes fantásticas inspirouse nas producións de Burslem, estampouse en negro (como neste caso), en azul o en morado e sobre todo tipo de pezas (vaixelas, xogos de café, de toucador...). Para a mesma vaixela podían seleccionarse escenas diferentes: nesta colección contabilizamos tres. Era a orla decorativa o elemento unificador.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos industriais (OI)
Parte de Chinoiserie