Chinoiserie
- Identificador
- 1191/3/0-10-1189
- Título
- Chinoiserie
- Descripción
- Cunca para chocolate, 3ª época, personalizada coas iniciais do propietario José María Varela,coengo tesoureiro da catedral de Santiago (posesionouse desa dignidade en 1853). Decoración por estampación calcográfica de chinoiserie e orla corrida chinesca en forma de abanos asociada a un estreito reberete de roleos. Modelos baseados na louza inglesa de Staffordshire propias da época de dirección de Edwin Forester. No reverso, marca estampada mediante tampón con pigmentos sobre o biscoito, modelo "CHINA OPACA/SARGADELOS" nunha filacteria. Dentro do óvalo: "Rª Fábrica"
- Autoría
- Real Fábrica de Sargadelos|Edwin Forester
- Formato
-
Louza
Técnica: Estampado
Alto: 51 mm
Longo: 55 mm
Diámetro: 55 mm - Procedencia
- Despacho
- Cobertura espacial
- Lugo, Galiza|Cervo, Sargadelos
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Colección do Museo de Provincial de Lugo - Deputación Provincial de de Lugo, A Louza de Sargadelos, Lugo - San Marcos. 2003
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 18 de nov de 21
- Estado de conservación
- BO
- Grupo/Tipo/Obradoiro
- Cerámica industrila
- Procedencia/Xacemento
- "Casa da Costa"
- Notas
- J.M.V.|Edwin Forester (en realidade Forrester) nacera o 13 de xullo de 1817 en Burslem (foi bautizado ese día). Morreu en Wolstanton, Staffordshire, aos 54 anos, o 8 de agosto de 1871. Foi nomeado director de Sargadelos o 1847. Trouxo de Inglaterra amais das técnicas cerámicas, a decoración empregada en Doulton Burslem, precisamente a apetecida nesta colección: paisaxe fantástica con pagodas, palmeiras e flores cun río zigzagueante polo que navega un barco, animado pola presenza de tres (ou dúas segundo a peza) figuras vestidas á oriental, unha delas con antuca. A terceira época da fábrica (1845-1862), foi a mellor e máis produtiva, cando estivo arrendada á sociedade santiaguesa de Luis de la Riba y Compañía, que importou operarios ingleses e modernizou as instalacións. En Sargadelos, a serie "Chinoiseries", que para as paisaxes fantásticas inspirouse nas producións de Burslem, estampouse en negro (como neste caso), en azul o en morado e sobre todo tipo de pezas (vaixelas, xogos de café, de toucador...). Para a mesma vaixela podían seleccionarse escenas diferentes: nesta colección contabilizamos tres. Era a orla decorativa o elemento unificador.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos industriais (OI)
Parte de Chinoiserie