Crucifixo
- Identificador
- 957/0/0-1-0
- Título
- Crucifixo
- Descripción
- Crucifixo relicario en madeira de oliveira con fileteados en marquetería. A cruz é simple, co titulus de rigor, e escadrada. Conta con catro discos en nácara nos cadrantes da cruz coa inscrición PASTOR DELATE TORSINA. Cun crucificado de tres cravos, sobreposto e en nácara, acompañado de catro ráfagas (perdeu unha delas) en nácara e o INRI (Iesus Nazarenus Rex Iudeorum); Este tipo de cruces procede dos Santos Lugares, de onde chegaron a Occidente como obxectos de recordo de peregrinación. Un dos factores de riqueza dos cristiáns en Palestina foi a industria ou artesanía de rosarios, cruces e toda clase de souvenires relixiosos dos Santos Lugares, fabricados con madeira de oliveira, nácara e outras materias, recordos propiciados polos franciscanos da Obra Pía de Xerusalén, institución benéfico-piadosa destinada á conservación, acrecentamento e restauración dos Santuarios de Terra Santa. Esta cruz responde ao exercicio piadoso de Vía Crucis, costume iniciada en Xerusalén da man dos franciscanos, recompensada dende o principio cun gran número de indulxencias. O Vía Crucis evocaba mediante catorce estacións ou etapas, o camiño percorrido por Cristo durante a Paixón. En 1773 o papa Clemente XIV concedeu as mesmas indulxencias ao rezo do Vía Crucis na casa, sempre que o devoto sostivese entre as súas mans unha cruz. De aí a multiplicación da produción de cruces adornadas con círculos de nácara alusivas ás estacións. Acrecentouse así mesmo a exportación ao Occidente.
- Formato
-
Madeira, nácar
Técnica: Ebanistería
Alto: 20 - Procedencia
- Despacho
- Cobertura espacial
- Terra Santa|Xerusalén
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Ministerio de Cultura, Adquisiciones de bienes culturales 2002, Madrid, 2004.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 23 de nov de 18
- Estado de conservación
- R
- Notas
- PASTOR
- Conjuntos de fichas
- Obxectos relixiosos (OR)
Parte de Crucifixo



