Libro
- Identificador
- 1418/0/0-1-0
- Título
- Libro
- Descripción
- Encadernación en seda e fío metálico do devocionario "Novena a la Gloriosa Madre y Mystica Doctora sta. Teresa de Jesus", composta por Frei Pedro del Espíritu Santo, carmelita descalzo, presidente de Conferencias Morales do Colexio de Ávila, impreso en Salamanca, na Oficina de la Santa Cruz, o ano 1765, cun total de 40 días de indulxencia concedidas polo bispo de Ávila, Romualdo Velarde, e outros 40 por Francisco de San Andrés, bispo de Zela. A cuberta consiste nunha xardineira urdida en fío de prata, luxoso trampantollo de vimbio, do que nace un ramallete de cinco flores, entre as que despunta unha grande, central, eixo da composición, con fíos en prata, verdes para as follas, pardos e amarelos. Ocupa todo o campo da portada. A contracuberta en seda con idéntico emblema bordado. Identificamos a flor como a do Carmelo (xardín de Deus, anticipo da Nova Terra), dado o contido carmelitano da Novena.
- Formato
-
Seda
Técnica: Bordado - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado Testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 21 de feb de 23
- Estado de conservación
- BO
- Conjuntos de fichas
- Obxectos relixiosos (OR)
Parte de Libro