Icona
- Identificador
- 1424/0/0-1-0
- Título
- Icona
- Descripción
- Icona rusa de viaxe, dos chamados "obrazok". Trátase dunha placa rectangular con argola superior, de marco liso, que alberga un baixorrelevo de bronce recortado sobre fondo esmaltado en azul, ao estilo dos producidos polo Mestre Rodión Semjónovich Khrustaljóv. Represéntase a Koimesis, ou Dormición da Virxe, iso chamado Asunción na Igrexa Occidental. A defunta Nai xace cos ollos pechados sobre unha cama, coa cabeza cara á esquerda, arrodeada polo colexio apostólico. Detrás do leito está a figura de Cristo, que aparece na terra para levar a alma da Virxe ao Ceo. Nos seus brazos leva a alma, representada coma un bebé envolto en pañais. A destra de Xesús bendice. Aos seus lados, dous anxos cun bastón de viaxe na man. Sobre Cristo, un serafín de seis ás. Detrás dos dous grupos de apóstolos hai dous bispos: Dionisio de Corinto (O Areopaxita) e Xoán de Damasco, que escribiron sobre a Virxe. Baixo dela, ten lugar unha historia relatada no Pseudo-Xoán, redactado cara o século VI, a da incredulidade do sacerdote Jefonías, que dubidou da virxinidade de María. O Jefonías tentou volcar o leito para arramplar co manto onde xacía a Virxe, pero un anxo (vese claramente representado) cortoulle as mans. Arrepentido, e tras a intercesión de Pedro, as mans volvéronselle xuntar.
- Formato
-
Bronce/esmalte
Técnica: Fundido - Procedencia
- Salón Norte
- Cobertura espacial
- Rusia|Rusia
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado Testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Svetlana Vitalievna Gnutova en Elena Jakovlevna Zotova, Icons. Hinged Icons. Artifacts cast from brass 11th – early 20th century, from the Andrey Rublev Central Museum of Ancient Culture and Art, Moskou, 2000; Elena Zotova, Hinged Icons. Icons. End of the
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 22 de feb de 23
- Estado de conservación
- BO
- Notas
- en cirílico, na parte superior do marco
- Conjuntos de fichas
- Obxectos relixiosos (OR)
Parte de Icona