Medallón
- Identificador
- 1427/0/0-1-0
- Título
- Medallón
- Descripción
- Medallón en forma de portapaz de trazos neogóticos. Dun pé octogonal de plementería calada ornamentado con adornos de filigrana e exvasado, arrinca un astil curto que soporta un edículo elipsoidal flanqueado por piastras co seu fuste percorrido por arame de filigrana. Remátanse as piastras en pináculos calados. O edículo leva un marco de cordonciño. No seu anverso, acubíllase un medallón ovoide coa imaxe en nidio baixorrelevo de Santiago Matamouros, co hábito de peregrino, blandindo a espada, con escudo ovalado coa cruz de Santiago no seu campo, a cabalo, na Batalla de Clavijo, con dous mouros aos pés. No reverso, un óvalo máis pequeno sitúase no centro do medallón, cun marco decorado con ínfimas boliñas. Na metade inferior do campo figura o texto: SACRA CORPORA B. JACOBI EJUSQUE DISCIPULORUM ATHN. ET THEOD. AB. EM. C. PAYA. NUPER INVENTA. Isto é: O sagrado corpo do beato Xabobe e dos seus discípulos, Atanasio e Teodoro que foron descubertos de novo polo eminentísimo cardeal Payá. Na parte superior, separada por un listel, réplica da arca apostólica executada trala reinventio dos restos apostólicos en 1879, sobre a que figura a estrela. Remátase o medallón cunha especie de gablete calado a base de volutas e unha argola, para seren pendurado, talvez para faceren conxunto con outros medallóns relicarios.
- Autoría
- Pablo Vidal García?
- Formato
-
Metal prateado
Técnica: Fundido - Procedencia
- Salón Norte
- Cobertura espacial
- Galiza|Santiago de Compostela?
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado Testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- http://ceres.mcu.es/pages/ResultSearch?txtSimpleSearch=Pablo%20Garc%EDa%20Vidal&simpleSearch=0&hipertextSearch=1&search=simpleSelection&MuseumsSearch=MDPS%7C&MuseumsRolSearch=1&listaMuseos=[Museo%20de%20las%20Peregrinaciones%20y%20de%20Santiago]
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 22 de feb de 23
- Estado de conservación
- BO
- Notas
- SACRA CORPORA B. JACOBI EJUSQUE DISCIPULORUM ATHN. ET THEOD. AB. EM. C. PAYA. NUPER INVENTA.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos relixiosos (OR)
Parte de Medallón