Crucifixo
- Identificador
- 1432/1/0-1-1432
- Título
- Crucifixo
- Descripción
- Cruz latina, simple, tallada en madeira de oliveira, cos seus brazos cortados en chafrán nun perfil hexagonal. As aristas maiores do anverso e do reverso están percorridas cun filete embutido de nácara. Leva 14 pequenos botóns tetrapétalos, así mesmo de nácara, incrustados en todo o corpo, o que delata a súa procedencia dos Santos Lugares. Trátase dunha cruz de Xerusalén, de onde chegaban a Occidente como obxectos de recordo de peregrinación. Un dos factores de riqueza dos cristiáns en Palestina foi a industria ou artesanía de rosarios, cruces e toda clase de recordos relixiosos dos Santos Lugares, fabricados con madeira de oliveira, nácara e outras materias, recordos propiciados polos franciscanos da Obra Pía de Xerusalén, institución benéfico-piadosa destinada á conservación, acrecentamento e restauración dos Santuarios de Terra Santa. Esta cruz responde ao exercicio piadoso do Vía Crucis, costume iniciada en Xerusalén da man dos franciscanos, recompensada dende o principio cun gran número de indulxencias. O Vía Crucis evocaba mediante catorce estacións ou etapas, o camiño percorrido por Cristo durante a Paixón. En 1773 o papa Clemente XIV concedeu as mesmas indulxencias ao rezo do Vía Crucis na casa, sempre que o devoto sostivese entre as súas mans unha cruz. De aí a multiplicación da produción de cruces adornadas con círculos de nácara alusivas ás estacións. Acrecentouse así mesmo a exportación ao Occidente.
- Formato
-
Madeira
Técnica: Talla - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado Testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Ministerio de Cultura, Adquisiciones de bienes culturales 2002, Madrid, 2004.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 22 de feb de 23
- Estado de conservación
- BO
- Conjuntos de fichas
- Obxectos relixiosos (OR)
Parte de Crucifixo