Caixa
- Identificador
- 1366/0/0-1-0
- Título
- Caixa
- Descripción
- Caixa pregable, totalmente desmontábel por sistema de bisagra en todas as frontes, e transportábel, en forma de casa co seu tellado a dúas augas. Conta con dúas asas superiores de forma cadrilonga. Feita en estaño con cuberta de prata, os flancos, fachadas laterais da casa, van decorados con cadanseu rosetón: unha flor gravada por incisión cos seus oito pétalos calados. As fachadas, anterior e posterior, rectangulares cun paramento de vidro transparente. A bisagra das asas, situada á altura do piñón, leva decorados os parafusos de xiro cunha flor hexapétala gravada. As tapas (tellado) ornamentadas cunha cenefa gravada cun entrelazado xeométrico. Puido ter un uso litúrxico en relación coa Eucaristía, para transportar o viático.
- Formato
-
Metal prateado
Técnica: Gravado a burel - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 3 de dec de 22
- Estado de conservación
- BO
- Notas
- A extensión do culto aos santos está moi vinculada á difusión da imaxe impresa, un proceso no que os aleluias foron determinantes. Aleluia é cada unha das estampiñas que, formando unha serie, contén un prego de papel coa explicación do asunto. Tiñan un importante papel pedagóxico. O baixo prezo das estampas favoreceu que as imaxes foran recortadas individualmente para seren colocadas no interior de estoxos como o desta peza, ou das xoias denominadas relicarios, tarefa que se levaba a cabo nas clausura femininas, onde as monxas cortaban, coloreaban e decoraban con talcos as pequenas estampas. Sospeitámoslle un uso cerimonial, formando parte do traxe de vistas das noivas de La Alberca.
- Conjuntos de fichas
- Uso doméstico (UD)
Parte de Caixa