Quinqué
- Identificador
- 504/0/0-1-0
- Título
- Quinqué
- Descripción
- Quinqué de pé cadrangular de dos escanos decrecentes e astil en forma de columna de orde composta de marmolina veteada co seu capitel en aliaxe de chumbo fundido en molde; o depósito en cristal tallado co seu chisqueiro en bronce e latón da marca Kosmos Brenner. A tulipa en cristal, lotiforme. A marca alemá Kosmos Brenner empezou a denominarse así cando, a finais do século XIX, Brökelmann, Jaeger & Co, de Neheim (Alemaña), comprou a marca "Kosmos" a Wild & Wessel, de Berlín. Kosmos foi o nome co que os lampistas alemáns Wild e Wessel sacaron ao mercado un novo queimador ou chisqueiro da su invención para lámpadas de petróleo. A toma de aire era de combustión lateral pero o sistema permitía levar o aire até o centro da lapa.
- Autoría
- Kosmos Brenner
- Formato
-
Mármore
Técnica: Moldeado
Alto: 81 - Procedencia
- Salón do billar
- Cobertura espacial
- Alemaña|Neheim
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Jan Gancarski, By the light of paraffin lamp, Muzeum Podkarpackie, 2001.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 25 de out de 18
- Estado de conservación
- B
- Notas
- Kosmos Brenner|O quinqué foi desenvolvido por Argand e, após, polo Doutor Quinquet, de quen tomou o nome. Está composto dun depósito de aceite ou petróleo no que se somerxe unha mecha que abrolla ao exterior a través dunha ranura na tapa que pecha o depósito, regulado por unha chave; o tubo de vidro mellora o tiro da lámpada
- Conjuntos de fichas
- Obxecto de iluminación (OI)
- Medios
-
5040010_0007.bmp
Parte de Quinqué
