Candeeiro
- Identificador
- 1000/2/0-2-999
- Título
- Candeeiro
- Descripción
- Candeeiro de catro luces en porcelana tipo biscuit, orixinal da fábrica de Sitzendorf. Desmontábel en dúas pezas, base con figuración e vástago de remate, consta de tres brazos a maiores do central que remata a composición. Decorado con motivos florais e de rocalla, todo él en tons amarelos pasteis. O asunto iconográfico representado é unha alegoría do Amor resolta de acordo con esa estética rococó máis xuguetona, sofisticada e frívola que segue a peza, inspirada na pintura dun Fragonard ou dun Boucher, por exemplo. Represéntase a Venus como deusa da Primavera, cáseque unha Flora, acompañada polo seu fillo, Cupido, deus do Amor. Ela vai ataviada cun chitón clásico percorrido por flores que desbordan tamén a cestiña que porta na man esquerda e que apoia na cadeira. Ao igual que Psyche, leva a cabeleira recollida nun moño e suxeito sobre da testa cunha cinta, e vai así mesmo descalza. Foi Venus quen encomendou a Psyche catro probas imposíbeis para gañar o amor do seu fillo Cupido. Conseguiu pasar as catro probas, incluída a que lle mandaba ao Hades. As ás de bolboreta aluden precisamente á condición inmortal tras pasar esa proba.
- Autoría
- Sitzendorf
- Formato
-
Porcelana Meissen
Técnica: Porcelana
Alto: 53,5 - Procedencia
- Despacho
- Cobertura espacial
- Alemaña|Sitzendorf
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Battie, David, ed., Sotheby's Concise Encyclopedia of Porcelain, 1990, Conran Octopus; Siegfried Ducret, German porcelain and faience, Universe Books, 1962.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 23 de nov de 18
- Estado de conservación
- MB
- Procedencia/Xacemento
- Turinxia
- Notas
- Esta imaxe presidía o retablo da capela antes de seren substituída polo San Francisco de Asís de Eduardo Rodríguez Osorio (ca. 1966)
- Conjuntos de fichas
- Obxecto de iluminación (OI)
Parte de Candeeiro



