Salvadeira (Peza de escribanía)
- Identificador
- 470/2/0-1-469
- Título
- Salvadeira (Peza de escribanía)
- Descripción
- Salvadeira en prata de corpo cilíndrico, de boca e pé exvasados. Leva cenefas repuxadas de láureas dispostas en grilanda nas divisións do corpo. A tapa superior con buracos que debuxan unha flor hexapétala. Na mesma tapa, o punzón cordobés: león rampante con cola eseada nun cartucho ovoide. Do prateiro cordobés Castejón, marcada polo contraste Torre (véxase a peza 473)
- Autoría
- CAST|Antonio Castejón
- Formato
-
Prata
Técnica: Fundido
Alto: 4,8
Diámetro: 4,6 - Procedencia
- Despacho
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Moisés Bazán de Huerta e María Teresa Terrón Reynolds, "La platería en los conventos placentinos", Norba. Revista de arte, nº 13, 1993, pp. 141-178; A. Fernández, R. Munoa y J. Rabasco. Marcas de la Plata Española y Virreinal. 1992. Madrid. Antiqvaria; Di
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 9 de dec de 22
- Estado de conservación
- MB
- Notas
-
Punzón cordobés león rampante|Marcial de la Torre, que contrastaba as pezas co apelido en maiúsculas TORRE, fora nomeado contraste de Córdoba o ano 1834. Sería reelixido en 1841 e 1848. Renunciaría ao cargo ao ano seguinte por enfermidade. Contrastou varias pezas do prateiro autor desta escribanía, Antonio Castejón López. Nela, segue o gusto imperio vixente nos últimos anos do reinado de Fernando VII. A salvadeira foi unha peza de escritorio imprescindible para o recado de escribir, acompañante dos tinteiros e das plumas. Son vasos pechados, con buratos na parte superior. Contián area para exugar a escrita. A súa evolución artística e os seus materiais corren parellós aos dos tinteiros.
Estes obxectos de escritorio acadaron o seu apoxeo no XIX, apreciados como elementos de prestixio e distinción social pola burguesía, a nova clase emexente, dedicada aos negocios, ao comercio, á industria. As tipoloxías son variadas: escribanías, plumeiros, tinteiros, plumas, abrecartas ou tarxeteiros, realizados en diversos materiais, cuxa estética denota os sucesivos estilos artísticos de cada época.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de escritorio
Parte de Salvadeira (Peza de escribanía)





