Escribanía
- Identificador
- 680/0/0-1-0
- Título
- Escribanía
- Descripción
- Tinteiro en porcelana de cor rosa, co seu corpo cilíndrico decorado con motivos florais a pincel. Tapadeira en bronce repuxado e coa inscrición: "Encrier-A.D Paris""A POMPE"(Tinteiro-A.D-París-bomba) que dá conta do sistema para manter a tinta (Véxase notas). Da casa de Amable Dubourget, fabricante parisino de escribanías.
- Autoría
- AD|Amable Dubourget
- Formato
-
Porcelana
Técnica: Cerámica
Alto: 13
Diámetro: 7 - Procedencia
- Cuarto Señora
- Cobertura espacial
- París (Francia)
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 2 de nov de 18
- Estado de conservación
- B
- Notas
- Esta peza pertence á tipoloxía dos tinteiros a bomba, que xurdiu en Francia no ano 1791. Foi perfeccionada por Louis Honoré Boquet (1786-1860), quen elaborou modelos máis clásicos e sinxelos dos propios do Rococó, caracterizados por unha decoración máis recargada. O seu funcionamiento consistía nun pomo de rosca situado sobre a tapa que facía subir e baixar un émbolo que, no seu retorno, empurraba a tinta a un recipiente exterior en forma de funil onde se tempraba a pluma. O obxectivo principal do sistema era a preservación da tinta. Estos tinteiros tiñan como destino unha clientela acomodada, inda que tamén houbo modelos menos sofisticados, producidos para o traballo nas oficinas, a partir do célebre ano 1851 (data da patente de Boquet).
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de escritorio
Parte de Escribanía





