Armario
- Identificador
- 560/0/0-1-0
- Título
- Armario
- Descripción
- Taqueira para o xogo de billar. En madeira de piñeiro con cuberta de lámina de castiñeiro, como embelecedor. Ramatado nun copete vexetal flanqueado por pináculos, pintado este remate en negro, imitando un acabado en caoba. Conserva dous dos tacos orixinais. De posíbel fabricación catalana de comezos do século XX, segue o tipo dos que fabricaba Francisco Amorós, proveedor da Real Casa, moi semellante aos ofrecidos pola casa Mayor i Poch no seu taller barcelonés de ebanistería, abertos á persoalización do cliente na decoración do copete, precisamente.
- Autoría
- Mayol i Poch?
- Formato
-
Madeira
Técnica: Ebanistería
Alto: 175,5
Ancho: 98 - Procedencia
- Salón do billar
- Cobertura espacial
- Barcelona?
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- González-Palacios, Alvar, El Mueble de estilo : historia del mueble del S. XVI al S. XX, Barcelona, Gustavo Gili, D.L. 1975. / -Feduchi, Luis M.: Historia del mueble, Madrid : Abantos, 1966./RODRÍGUEZ BERNIS, Sofía. Diccionario de mobiliario. 2006.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 29 de out de 18
- Estado de conservación
- B
- Notas
- De orixe oriental para algúns e de invención francesa ou inglesa para outros, o billar é un xogo de precisión que chegou a España na súa versión definitiva co primeiro Borbón, Felipe V. O seu nome procede do francés “billard”, que nomeaba á maza que servía para impulsar as bolas ou “billes”. Dende os comezos foi un xogo vinculado á aristocracia e ao ámbito masculino. Xogábase após de xantar e nunha sala específica, nun escenario que tamén era para a representación social. A mesa ocupaba o centro do salón dedicado ao xogo, que tamén albergaba os tacos, a taqueira e o ábaco ou contador. Tal e como acontece no Pazo de Tor. Antigamente, os salóns dos pazos dedicados a este lecer denominábanse “De Trucos”, pois tal nome recibían no século XVIII as mesas que hoxe chamamos de billar.
- Conjuntos de fichas
- Obxectos de ocio, diversións e deportes (OODD)
- Medios
-
5600010_0007.bmp
Parte de Armario
