Abano pregable con 38 variñas de madeira, e país en papel, cunha cromolitografía que reproduce un dos cartóns para tapices de Goya, o célebre da Maja y los Embozados. Vai asinado polo artista e célebre cartelista Ruano Llopis.
Butaca en madeira con respaldo semicircular en madeira torneada con catro arquiños. Asento e parte superior do respaldo acolchado e tapizado con veludo verde musgo. Apoiada en catro patas, as dianteiras tamén torneadas e as traseiras lisas.
Bastón co vástago de madeira e empuñadura curva coa cabeza tallada dun can en marfil cos ollos en pasta de vidro. Probablemente para uso nalgún acto no serán, cando era preceptivo aquel material na empuñadura. Salienta o regatón, tamén en marfil.
Bastón co vástago en madeira de bambú con empuñadura, tallada no mesmo corpo, en forma de cabeza de cisne, con baño diferenciado de verniz e pasta de vidro nos ollos.
Bastón co vástago en madeira con dous apliques en metal bañado en ouro nas virolas. Entre elas, unha placa rectangular metálica, esmaltada en negro, con flores de lis prateadas en cadansúa esquina.
Bastón tipo Makila con pomo de corno e coiro entrelazado e apliques en bronce. Corpo en madeira e bronce e regatón rematado en pincho con rosca. No outro extremo, tamén en bronce, leva a inscrición "Inacio-1932".
Bolsa de corporais reutilizada como tapete. Tecida en seda natural adamascada con motivos florais en tons ocres, granates e verdes; ribeteada en pasamanería de fío de ouro.
Caixa para gardar mistos de Limoges, en porcelana, no anverso unha paisaxe inglesa con cazador do raposo. No lateral, rosetóns florais hexapétalos en dourado.