Benditeira coa imaxe da Inmaculada Concepción na placa, reprodución da Inmaculada de Murillo que está no Prado, en esmalte con marco en estaño repuxado con baño de prata. Pía en vidro azul con motivos vexetais en dourado.
Fotografía coloreada de Mª Paz Taboada, toucada con mantilla, con sapo e pendentes dourados, asinada por Ksado. Marco ovalado en madeira sobredourada con orla superior de grilanda de rosas.
Estampa devocional que representa o Sagrado Corazón da Virxe María enmarcado cun bordado en fíos de ouro, sobre unha tea de raso con decoración de grilandas de rosas. Na parte superior rematado co monograma do Ave María e unha coroa. Marco en madeira.
Abano pregable de 16 variñas e dúas gardas. As variñas, en plástico (imitación de óso) e de perfil oblongo, van caladas con motivos vexetais esquemáticos no corpo coroados por unha flor tetrapétala, así mesmo calada, na parte superior. O país vai encolado ao varillaxe. En papel, nun ton beixe pálido, leva no anverso, como motivo decorativo no extremo esquerdo, un ramallete de flores executado a pincel. O reverso proclama o anacronismo da peza, a súa vontade pretensiosa de querer imitar as modas cortesás dos abanos isabelinos, pois no lugar do ramallete do anverso, atopamos aquí unha parella digámoslle "goyesca": a pincel, un toureiro, toucado e vestido con traxe de luces que desexan parecer dezaoitescos, e unha maja, que recibe un papel, un recado do home que a cortexa. Semella vago recordo do relato de Gautier e das pinturas románticas, co mesmo asunto, dun Joaquín Domínguez Bécquer.
Albarda que se coloca enriba da suadeira que levaban os cabalos ou mulos ao lombo para suxeitar antigamente as liteiras, en coiro con catro aplicacións nas esquinas en metal repuxado con forma de flor e bañado en prata.
Alfombra decorada orixinariamente con motivos florais en tons azuis, granates e ocres. Hoxe un vestixio dunha gloria pasada. Feita nos talleres da Real Fábrica de Tapices, esta alfombra pertenceu aos ancestros de dona María de Andrés e figura nas fotografías da casa que tiña na rúa da Senra nº 5 (Santiago de Compostela) don Melitón de Cuenca San Juan.
Arca de gardar en madeira de castiñeiro; consta de catro taboleiros enteirizos ensamblados en cola de miñato e tapa con lixeira moldura, abisagrada, con perno de feche en ferro forzado e bocachabe de cerco avolutado e calado. Conserva a bocachave parte do feltro vermello orixinal. Vai apoiado en zapatas rematadas en pés troncopiramidais. A face frontal vai tallada con motivos florais e xeométricos (xirasoles, hexapétalas, escamas, trísceles) profilácticos e dous cartuchos de lados curvos e perfil convexo cunha inscrición laudatoria adicada a Xesús e María e a firma do autor, Pedro Vastero (sic), e data.
Espadín de cinxir da Garda Civil, con filo dunha mesa. Empuñadura en bronce repuxado con gabiáns rectos con ornamentación vexetal e botón con forma de flor. Presenta unha concha volta en bronce onde figuran as iniciais, apenas visibles, a cada lado do escudo G.C. no medio o escudo que se supón da garda civil.
Taqueira para o xogo de billar. En madeira de piñeiro con cuberta de lámina de castiñeiro, como embelecedor. Ramatado nun copete vexetal flanqueado por pináculos, pintado este remate en negro, imitando un acabado en caoba. Conserva dous dos tacos orixinais. De posíbel fabricación catalana de comezos do século XX, segue o tipo dos que fabricaba Francisco Amorós, proveedor da Real Casa, moi semellante aos ofrecidos pola casa Mayor i Poch no seu taller barcelonés de ebanistería, abertos á persoalización do cliente na decoración do copete, precisamente.
Báscula de precisión de bronce para pesar moedas de prata e de ouro con decoración floral repuxada no pé. Trátase dun vástago oco, con mola no interior, que nace dun pé exvasado e moldurado, e remata na repisa, plana, onde colocar a moeda.
Bastón co vástago en madeira con dous apliques en metal bañado en ouro nas virolas. Entre elas, unha placa rectangular metálica, esmaltada en negro, con flores de lis prateadas en cadansúa esquina.
Benditeira en cerámica de biscuit. Na placa, coa figura dun Neno Xesús que sostén unha coroa de flores. Coroa o conxunto un ramallete de azucenas, flores que tamén ornamentan a pía.
Bolsa de corporais reutilizada como tapete. Tecida en seda natural adamascada con motivos florais en tons ocres, granates e verdes; ribeteada en pasamanería de fío de ouro.
Bolsa de corporais en seda natural adamascada de cor vermella con motivos florais e vexetais en fío de ouro, e ribeteado con pasamanería da mesma finta dourada.
Botón circular en metal, folladelata esmaltada, coa súa cara convexa. O seu anverso resólvese, na súa contorna, cun marco de motivos enlazados de rocalla dourados que delimitan un trevo de follas cóncavas que ocupa o campo, cuxo fondo vai esmaltado en negro. O cerco das follas do trevo vai decorado cunha cadea de esferas douradas. No interior das follas, sobre un fondo esmaltado en branco, un ramallete de flores executadas a pincel: dúas peonias na parte superior e un nonmesquezas abaixo. O reverso vai sen policromar pero repite a solución decorativa do trevo do anverso. O centro resérvase para a disposición da asa, que vai integrada no corpo do botón.
Botón circular en metal, folladelata esmaltada, coa súa cara convexa. O seu anverso resólvese, na súa contorna, cun marco de motivos enlazados de rocalla dourados que delimitan un trevo de follas cóncavas que ocupa o campo, cuxo fondo vai esmaltado en negro. O cerco das follas do trevo vai decorado cunha cadea de esferas douradas. No interior das follas, sobre un fondo esmaltado en branco, un ramallete de flores executadas a pincel: dúas peonias na parte superior e un nonmesquezas abaixo. O reverso vai sen policromar pero repite a solución decorativa do trevo do anverso. O centro resérvase para a disposición da asa, que vai integrada no corpo do botón.
Botón circular en metal, folladelata esmaltada, coa súa cara convexa. O seu anverso resólvese, na súa contorna, cun marco de motivos enlazados de rocalla dourados que delimitan un trevo de follas cóncavas que ocupa o campo, cuxo fondo vai esmaltado en negro. O cerco das follas do trevo vai decorado cunha cadea de esferas douradas. No interior das follas, sobre un fondo esmaltado en branco, un ramallete de flores executadas a pincel: dúas peonias na parte superior e un nonmesquezas abaixo. O reverso vai sen policromar pero insiste na solución decorativa en forma de trevo do anverso. O centro resérvase para a disposición da asa, que vai integrada no corpo do botón.
Botón circular en metal, folladelata esmaltada, coa súa cara convexa. O seu anverso resólvese, na súa contorna, cun marco de motivos enlazados de rocalla dourados que delimitan un trevo de follas cóncavas que ocupa o campo, cuxo fondo vai esmaltado en negro. O cerco das follas do trevo vai decorado cunha cadea de esferas douradas. No interior das follas, sobre un fondo esmaltado en branco, un ramallete de flores executadas a pincel: dúas peonias na parte superior e un nonmesquezas abaixo. O reverso vai sen policromar pero replica a solución do trevo do anverso. O centro resérvase para a disposición da asa, que vai integrada no corpo do botón.
Broche, placa en folla de lata esmaltada, de forma cadrilonga e perfil lobulado. Esmaltado no anverso. Unha cenefa dourada delimita o emblema, no que se figura un paxaro semellante a un paspallás cristado (alas en tons azuis, cabeza cor tella, motas vermellas sobre plumaxe beixe no abdome e crista), difícil de identificar pola falta de naturalismo da escena. O paxaro está piques de emprender o voo ao pé dunha árbore, quizais unha oliveira. O motivo vai orlado cunha cenefa de grilandas florais, con alternancia de peonías, narcisos e violetas. Todo sobre unha pátina negra con faltas no esmalte na parte inferior esquerda. A peza carece do seu prendedor pois ía cosida ao téxtil correspondente a través dos orificios que presenta nos extremos. Quizais foi complemento de vestidura relixiosa.
Broche en latón ovalado co seu perfil orlado cun cordonciño calado formando volutas, dúas a dúas, enfrontadas. O emblema, en esmalte azul cobalto cunha cenefa de espellos en esmaltes brancos e dourados formando unha cadea, que preceden, seguindo a distribución do patrón oval, a catorce estrelas douradas de cinco puntas. No centro, un ramallete en verdes e dourados, a modo de finta drapeada, que pende dun lazo e deste, unha cartela oxival disposta horizontalmente, en esmalte branco. Nela, escrito en cursiva "gage", que traducimos por prenda, testemuño dunha promesa, unha alfaia de amor ou de amizade.
Cadro en cristal con gravado litográfico devocional a cor sobre metal prateado, orlado dun entrelazado xeométrico e de grilandas. Nun tondo, San Xosé, coa vara florida como atributo, co neno Xesús no colo, coa bordura do marco orlada de grilandas de azucenas. Marco liso en madeira de castiñeiro.
Caixa pregable, totalmente desmontábel por sistema de bisagra en todas as frontes, e transportábel, en forma de casa co seu tellado a dúas augas. Conta con dúas asas superiores de forma cadrilonga. Feita en estaño con cuberta de prata, os flancos, fachadas laterais da casa, van decorados con cadanseu rosetón: unha flor gravada por incisión cos seus oito pétalos calados. As fachadas, anterior e posterior, rectangulares cun paramento de vidro transparente. A bisagra das asas, situada á altura do piñón, leva decorados os parafusos de xiro cunha flor hexapétala gravada. As tapas (tellado) ornamentadas cunha cenefa gravada cun entrelazado xeométrico. Puido ter un uso litúrxico en relación coa Eucaristía, para transportar o viático.
Caixa de toucador en porcelana bávara de fondo branco e decorada con motivos florais (pequenos ramalletes de rosas) e filetiños de ouro de raizame rococó.
Caixa de toucador en porcelana bávara de fondo branco e decorada con motivos florais (pequenos ramalletes de rosas) e filetiños de ouro de raizame rococó.
Candeeiro de cerámica de Rouen, de corpo cilíndrico, con motivos florais a pincel esmaltado en azul, amarelo e vermello e pé triangular, con cadansúa palmeta pintada en azul.
Candeeiro de cerámica de Rouen, de corpo cilíndrico, con motivos florais a pincel esmaltado en azul, amarelo e vermello e pé triangular, con cadansúa palmeta pintada en azul.