Armario en madeira de castiñeiro e caoba, con embutidos de marquetería que debuxan unha rosa dos ventos, de dúas portas de perfil trapezoidal, suliñadas as albanegas con fileteados de marquetería en buxo. Os tiradores en bronce. Apoiado en catro pés cabriolé. Un deles conserva o remate orixinal en forma de gadopa.
Berce tipo balancín en madeira de castiñeiro, estilo Carlos IV, con cabeceiro a modo de peita curva con embutidos de marquetería en buxo que debuxan unha rosa dos ventos, estrela central de seis puntas. Os flancos, organizados por unha sucesión de seis vans delimitados por barrotiños planos de perfil eseado unidos na base. Fronte e pé de tres arcos de acordo coa mesma organización dos laterais. Apoiado sobre dous balancíns en forma de media lúa moi rebaixada. Os catro ángulos rematados por cadansúa acrótera ovoidal.
Cama de caoba, tipo olot pero baixo a depuración do estilo Carlos IV, con cabeceiro de peita con volutas decoradas con rosetas sobredouradas nos arranques, copete de palmeta sobredourada, e estrela de seis puntas de marquetería centrada por dúas bandas concéntricas. As patas, afusadas, rematados en chisqueiros bañados en pan de ouro.
Mesa de xogos de caoba estilo Carlos IV con tapa abatible. Aberta, dispón dun pano para xogar ás cartas e, pechada, dun taboleiro de xadrez en marquetería na parte central. Apoiada en catro patas afusadas e decorada no faldón cun rameado de marquetería en tons marróns.
Mesa de xogos con tapa abatible. Aberta, un taboleiro de xogo de cartas en madeira de caoba con incrustacións de marquetería que forman rosas dos ventos. Caixón frontal. Apoiada en catro patas afusadas, unha delas abatible (que se abre para suxeitar o taboleiro cando a tapa está aberta)
Mesa de xogos en madeira de caoba con tapa abatible. Aberta, torna en taboleiro de xogo de cartas en madeira de caoba con embutidos de marquetería que debuxan o leitmotiv da rosas dos ventos. Caixón frontal. Apoiada en catro patas afusadas, unha delas abatible (que se abre para suxeitar o taboleiro cando a tapa está aberta)
Mesa de noite en madeira de castiñeiro con peita superior, pequeño estante e rematado en copete. Meseta en mármore branco. Consta dun caixón e porta decorada con motivos xeométricos en marquetería. Tiradores en bronce. Apoiada en catro pés afusados.
Mesa de noite en madeira de castiñeiro con peita superior, pequeño estante e rematado en copete. Meseta en mármore branco. Consta dun caixón e porta decorada con motivos xeométricos en marquetería. Tiradores en bronce. Apoiada en catro pés afusados.
Toucador estilo Carlos IV con embutidos en marquetería de madeiras nobres con dous caixóns pequenos, outros dous máis grandes e, na parte superior, tres apartamentos para gardar obxectos; na central, un marco para un espello móbil, a modo de psiqué. Tiradores en bronce e tapadeira abatible. Patas afusadas e motivos ornamentais estilo Imperio (xarróns e grilanda floral central)