Cadeira en madeira de castiñeiro; asento acolchado en damasco de seda natural en vermello. Respaldo en madeira tallada formando unha lira, ao estilo das que facía Duncan Phyfe. Vai sobre catro patas afusadas.

Cadeira en madeira de castiñeiro; asento acolchado en damasco de seda natural en vermello. Respaldo en madeira tallada formando unha lira,ao estilo das que facía Duncan Phyfe. Vai sobre catro patas afusadas.
Cadeira en madeira de castiñeiro; asento acolchado en damasco de seda natural en vermello. Respaldo en madeira tallada formando unha lira, ao estilo das que facía Duncan Phyfe. Vai sobre catro patas afusadas.
Frasco perfumador en cristal, reminiscente do estilo Imperio, organizado en cinco botes encaixados, coma un quebracabezas, nun plan cadrangular. O bote central é de planta cadrada. Preséntase arrodeado por catro frascos trapezoidais de esquinas recurvadas. Todos eles cinguidos por unha estrutura de metal, un soporte que consiste en dúas bandas ou frisos con decoración repuxada de puntas de folla de acanto, unidas en cada cara por dous grifóns de rabo acantiforme flanqueando unha representación dun terme coa deusa Lilit: unha figura feminina, de ás despregadas, sobre estípite. Salientan os tapóns dos frascos. O central leva unha tapa circular de folla de lata moldurada cun cerco superior con decoración incisa, e un pomo en forma de landra. Os recipientes trapezoidais levan anel de folladelata, embelecedor da boca, cun tapón prismático facetado.