Butaca con dous apoiabrazos. Asento acolchado en veludo en tons granates e ocres e apoiado en catro patas, as dianteiras de lixeiro perfil de sabre e unidas en chambrana. Pala trapezoidal, calada, con travesaño central.
Butaca en madeira de caoba con asento, respaldo e dous apoiabrazos acolchados e tapizados en tea adamascada de cor granate. Apoiado en catro patas cabriolé, as dúas dianteiras con rodas.
Butaca en madeira de caoba con asento, respaldo e dous apoiabrazos acolchados e tapizados en tea adamascada de cor granate. Apoiado en catro patas cabriolé, as dúas dianteiras con rodas.
Sofá tres prazas en madeira de caoba, con asento e respaldo ondulado con tímido copete ornamental calado en forma ovoide, e dous apoiabrazos tapizados en tea adamascada de cor granate. Apoiado en catro patas cabriolé, as dúas de adiante rematadas con rodas. A cintura, mixtilínea.
Insignia bordada de corpo ovalado, en algodón e seda, do "Real Cuerpo de Capellanes de Honor de Su Majestad". Consiste nunha estrela de seis puntas rematadas en globos dourados (aquí finxidos con apliques metálicos esféricos cosidos), sobre campo branco e fileteada de ouro. Da mesma tonalidade son as flores de lis, tamén bordadas, que separan as puntas da estrela e a coroa real, á que vai unida na parte superior. No centro da condecoración, a figura bordada da raíña Isabel II portando o cetro, orlada coa inscrición: LA REINA A SUS CAPELLANES DE HONOR-. Iría cosida á capa negra do capelán de honor, que levaría colgada do colo, con cintas de seda, a venera, ou insignia, segundo a categoría correspondente, en metal. Quizais esta pertenceu a José María Varela. No seu retrato loce a insignia bordada na capa.
Sofá tres prazas isabelino en madeira de caoba tallada con motivos vexetais, de palmeta acantiforme nos brazos e divisións en aspa avolutada dos asentos, coroados estes con copetes calados nos extremos e central avenerado; salienta o amplo faldón tallado con motivos fitomórficos e as patas, que son cabriolé, co recorrente ornamento en forma de palma de loureiro, reminiscente do estilo Imperio. A tapicería en cor amarelo (a orixinal era vermella).