Cama de caoba, tipo olot pero baixo a depuración do estilo Carlos IV, con cabeceiro de peita con volutas decoradas con rosetas sobredouradas nos arranques, copete de palmeta sobredourada, e estrela de seis puntas de marquetería centrada por dúas bandas concéntricas. As patas, afusadas, rematados en chisqueiros bañados en pan de ouro.
Cama portuguesa en madeira de castiñeiro torneada con decoración emblemática no cabeceiro. Orgaínzase por medio de catro grandes mastros torneados, máis altos os correspondentes ao cabeceiro, coroados por un pináculo de base bulbosa. O cabeceiro está resolto a modo de peita distribuída en dous pisos organizados en arquerías que alternan balaústres torneados e pinxantes que caen do centro de cada arco; flanquean o edículo dúas volutas acantiformes e eseadas. Resérvase o centro do tímpano resultante para acoller a talla dun froito, quizais un marmelo. Do edículo parten dúas láureas voantes, motivos que axudan a precisar a cronoloxía do moble.
Campaíña en latón dourado con argola en forma de S. Supoñémoslle un uso apotropaico, talvez formou parte dun cinturón de amuletos, daqueles chamados "cinguidor" ou "dijero de infante": compoñíase dunha cinta de tea sobre a que se dispuña un número indeterminado de elementos que mesturaban o significado relixioso co profano. Neste caso, a campaíña combatía o mal de ollo en recordo difuso do tintinnabulum do mundo clásico.
Campaíña en prata, con todo o corpo decorado con cenefas de láureas dispostas en grilanda. Asa en forma de astil abalaustrado rematado en moldura de bocel e bola. Marcada co león rampante cordobés. Do prateiro cordobés Castejón, marcada polo contraste Torre (véxase a peza 473)
Candeeiro co pé circular en cobre bañado en prata e astil abalaustrado e ornamentado con bandas gallonadas, en prata. Na parte superior un pratiño voado para recoller a cera. Con punzón de prateiro sen identificar no borde da base: un sol de raios flameantes, quizais máis ben alusiva á localidade de Écija.
Candeeiro, co pé circular en cobre bañado en prata e astil abalaustrado e ornamentado con bandas gallonadas, en prata. Na parte superior un pratiño voado para recoller a cera. Con punzón de prateiro sen identificar no borde da base: un sol de raios flameantes, quizais máis ben alusiva á localidade de Écija.
Lámpada de aceite en bronce. De pé circular co borde recurvado e astil abalaustrado, o depósito conta con tres chisqueiros. Sobre este corpo, unha abrazadeira móbil de arco calado sirve de fixación a unha pantalla plana que aumenta o adorno da peza amais de dirixir a luz. Outro brazo, menor, remata noutro panel, neste caso calado, para tamizala. O astil remata nunha ansa calada en forma de flor de lis.
Lámpada de aceite de pé circular e astil abalaustrado. O astil superior de parafuso regulable en altura. Co depósito esférico e dunha soa lapa. Conta cunha cadea con tapador de lapa e asa superior de perfil mixtilíneo.
Lámpada de aceite en bronce, de pé circular e astil abalaustrado. O depósito conta con tres chisqueiros. Sobre este corpo, unha abrazadeira móbil de arco sirve de fixación a unha pantalla plana, de forma pentagonal, o que aumenta o adorno da peza amais de dirixir a luz. Conta tamén cunha cadea con tapadeira para as lapas.
Candeeiro dunha soa luz en madeira de castiñeiro e ferro. De corpo cilíndrico con progresión volumétrica en altura rematado en bocel voado sobre pedestal troncopiramidal.
Candeeiro dunha soa luz en madeira de castiñeiro e ferro. De corpo cilíndrico con progresión volumétrica en altura rematado en bocel voado sobre pedestal troncopiramidal.
Candeeiro en bronce de pé cadrado e astil abalaustrado con estrangulacións. Basamento troncocónico con aristas concéntricas incisas. Dunha soa luz, presenta no remate repisa exvasada que serve de base a un pratiño en cristal tallado e voado para recoller a cera.
Candeeiro en bronce de pé cadrado e astil abalaustrado con estrangulacións. Basamento troncocónico con aristas concéntricas incisas. Dunha soa luz, presenta no remate repisa exvasada que serve de base a un pratiño en cristal tallado e voado para recoller a cera.
Candeeiro de cerámica de Rouen, de corpo cilíndrico, con motivos florais a pincel esmaltado en azul, amarelo e vermello e pé triangular, con cadansúa palmeta pintada en azul.
Candeeiro de cerámica de Rouen, de corpo cilíndrico, con motivos florais a pincel esmaltado en azul, amarelo e vermello e pé triangular, con cadansúa palmeta pintada en azul.
Candeeiro en madeira de nogueira dunha soa luz. O astil é de corpo tronconónico invertido e remata en talla cefaliforme por ambas caras, a modo dun deus Xano mais cos trazos dun chinés de longos bigotes. Vai apoiado nun pé formado por catro volutas en forma de C.
Lámpada de aceite en bronce de catro lapas. De pé circular co borde recurvado e astil abalaustrado. Vástago superior en parafuso para a súa regulación en altura. Conta con dous brazos calados, un deles con pantalla ovalada para dirixir e reflectir a luz. Remata nunha asa tamén calada en forma de coroa real.