Farol de aceite de carruaxe en ferro forxado con dous vidros biselados. Da casa Labourdette, París. Probabelmente do iniciador da marca, Jean Baptiste Labourdette (1826-1895)
Fibela de zapato de planta hexagonal, cos seus laterais alongados. O cerco consiste nunha orla metálica de ovas depuxadas que cinguen o perímetro dun outro hexágono concéntrico co seu marco resalteado. No centro, unha fiestra de vidro convexa transparenta sobre un fondo esmaltado en rosa un ramallete de flores feitas en algodón e boliñas de vidro, a modo de pequenas perlas. O reverso conserva a armazón e mecanismo de peche e engarce coa lingüeta do calzado, con dúas púas e engarce tipo U maiúscula nunha lingüeta ovoide rematada en dous segmentos ondulados diverxentes.
Fibela de zapato de planta hexagonal, cos seus laterais alongados. O cerco consiste nunha orla metálica de ovas repuxadas que cinguen o perímetro dun outro hexágono concéntrico co seu marco resalteado. No centro, unha fiestra de vidro convexa transparenta sobre un fondo esmaltado en rosa un ramallete de flores feitas en algodón e boliñas de vidro, a modo de pequenas perlas. O reverso conserva a armazón e mecanismo de peche e engarce coa lingüeta do calzado, con dúas púas e engarce tipo U maiúscula nunha lingüeta ovoide rematada en dous segmentos ondulados diverxentes.
Fibela de capa pluvial (a súa parella é a peza 1364) en bronce con argola superior, en forma de lágrima de perfil ondulado. O perfil cos correspondentes buratiños voados para enliñar o fío e coser a peza á superficie textil.O anverso, esmaltado en cores azuis, brancos e amarelos, distribuída a ornamentación de roleos e flores de lis invertidas rematada cun copete de venera floral a través dunha tracería de arabesco. Reverso liso.
Fibela de capa pluvial (a súa parella é a peza 1363) en bronce con argola superior, en forma de lágrima de perfil ondulado. O contorno cos correspondentes buratiños voados para enliñar o fío e coser a peza á superficie textil. O anverso, esmaltado en cores azuis, brancos e amarelos, distribuída a ornamentación de roleos e flores de lis invertidas rematada cun copete de venera floral a través dunha tracería de arabesco. Reverso liso con faltas de oxidación.
Fibela de capa pluvial composta por dous elementos, macho e femia, simétricos, fundidos en chapa repuxada que semellan dúas ráfagas de gusto art déco con cadansúa cenefa resolta cun fondo de rocalla. O engarce das dúas pezas resólvese decorativamente en forma de lazo.
Fibela de zapato, ovalada, en aliaxe con cuberta de prata. Conserva a armazón e mecanismo de peche e engarce coa lingüeta do calzado, con dúas púas e engarce tipo D maiúscula. O reverso, parte visíbel, segue un perfil ovalado con altura de tres centímetros. Consiste nun aro elipsoidal co borde decorado cunha crestería curva calada que cinxe todo o perímetro. Supoñemos que os seus ocos irían decorados no seu día con pequenas pezas de estrás, ou pedras de Francia, como se coñecían en España.
Fibela de zapato, ovalada, en aliaxe con cuberta de prata. Conserva a armazón e mecanismo de peche e engarce coa lingüeta do calzado, con dúas púas e engarce tipo D maiúscula. O reverso, parte visíbel, segue un perfil ovalado con altura de tres centímetros. Consiste nun aro elipsoidal co borde decorado cunha crestería curva calada que cinxe todo o perímetro da. Supoñemos que os seus ocos irían decorados no seu día con pequenas pezas de estrás, ou pedras de Francia, como se coñecían en España.
Ficha de xogo, circular, feita en óso, labrada por ambas caras con decoración incisa xeométrica, a base de círculos concéntricos. No centro, un círculo cóncavo lacado en roxo. Probablemente sexa do xogo backgammon.
Estatuíña de terracota policromada dun rapaz con cesto e cántaro; calza zocos e viste pantalón bombacho de cor tella, chaqueta verde e camisa branca. Vai toucado cun copete do que asoma o mechón loiro do cabelo. Apoiado nunha base cadrada. Responde ao estilo, pretendidamente fiel á unha cotiandade pintoresca, das realizadas por Joseph Le Guluche (1849-1915), nun tipo de produción seriada e industrial, destinada a un público popular, ao servizo das manufacturas de Alphonse Hanne.
Ánfora mallorquina en cerámica policromada, de dúas asas, fondo de cor verde, decorado no galbo con dúas aves e un trirreme tipo grego; no colo, o mascarón de Oceanus.
Floreiro en forma de ánfora, tipo Imperio, en porcelana fina branca salpicada con pinceladas en dourado; nos laterais, dúas asas formando grilandas vexetais trenzadas con motivos de rocalla. Sobre pé circular exvasado e moldurado. O corpo, lotiforme, vai decorado cunha flor pentapétala orlada con motivos vexetais, todo en tons dourados.
Floreiro en porcelana fina, de corpo troncocónico invertido e pé circular, branco e decorado a pincel con flores rosas pentapétalas. Nos flancos, cadansúa asa con motivos vexetais en dourado.
Búcaro tipo ánfora neoclásica de asas laterais curvas en opalina branca, de La Granja, do seu periodo clasicista. Vai decorada a base de esmaltes de motivos florais en tons rosas, verdes, grises e azul: unha parella de ramalletes de rosas en cada fronte. Álzase sobre un pé troncocónico de basamento circular moldurado e exvasado. No anel do astil, unha cenefa de motivos vexetais. Completan a decoración catro filetiños dourados, tres no astil e un na boca do floreiro, de beizo tamén exvasado. Leva número de serie en cursiva en tinta roxa na cara exterior da base: 42.
Tulipaneiro ou caraveleiro de louza fina de pedernal da terceira ou cuarta época de Sargadelos, de cinco bocas ou dedos, e de cor branca, lixeiramente cremosa, en forma de palma de man. A superficie dos dedos vai relevada con motivos acantiformes e presentan un volume bulboso no nacemento. A panza vai acanalada até o estrangulamento, na unión co pé. De planta rectangular, é exvasado a respecto do colo, e moldurado en lixeiro bocel cordado. Non presenta marcas ou selos.
Fonte cuberta en louza inglesa, de Davenport, branca, de forma cadrilonga con asa na tapadeira en forma de cogollo de flor. Reverso da fonte con dous números que poden indicar datación 4 e 9: 1849?
Cadro, retrato Exvoto que representa ao Señor de Navea, axeonllado, con librea granate e perruca (Francisco Quiroga Losada) ante a Virxe das Ermitas coa inscrición: " Don Frco Joseph Quiroga y Losada Hijo el Señor de Nabea se ofreció a esta Soberana Señora en una gravísima enfermedad en que hubo quatro …"
Esencieiro ou pequeno perfumador en cristal de roca tallado, de corpo rectangular coas súas aristas cortadas en chafrán. A face principal vai decorada cun cartucho cóncavo, rectagular cos lados menores pechados en triángulo, esmaltado en vermello, e dous discos, tamén cóncavos, esmaltados en verde, nos extremos. Conserva o tapón, de corpo troncocónico invertido e facetado. Quizais formou parte dos dixes dunha leotina o, mellor, dun "cinto de infante" ou "relicario lactante"