Portarretrato miniatura coa fotografía coloreada de Severino, Zoila e Saturnino de Cuenca e Araujo. Marco en bronce ovalado con motivos vexetais e un anxo na parte superior.
Portaviático en prata, con tapadeira e unha cruz latina florenzada no centro. Leva marca do prateiro na parte posterior e interior da base (Aurora). Posíbel orixe placentina.
Pote en miniatura fundido en prata, coa súa tapa extraíbel. Non presenta punzón nin marca de prateiro. O tello leva un oco previsto para a introdución do cazo, supoñemos que a peza 1402 deste inventario.
Ferro de pasar fundido en ferro, de cociña ou quecer, con puño de cor negra e decorado con motivos florais, do número "4". Nela aparece gravada a letra M enmarcada nunha C (ou sexa, 4 Centímetros)
Ferro de pasar fundido en ferro, de cociña ou quecer, con puño de cor negra decorado con motivos florais do número "4". Nela aparece gravada a letra M enmarcada nunha C (ou sexa, 4 Centímetros)
Ferro de pasar, fundido en ferro, para brasas ou carbón, do nº 9, forrada en veludo vermello e verde e adornos de pasamanería. Puño en madeira decorado con motivos florais. Ten cheminea.
Ferro de pasar fundido ferro, de brasas ou carbón, forrada en veludo verde. Puño en madeira. Conta con cheminea e conserva o soporte repousa-pranchas decorado en tres bandas. Na superior, chaves en aspa. Na do medio, iniciais U C. Abaixo, unha M. Todo calado.
Prato en louza de "San Claudio" que representa a unha parella vestida á moda do último terzo do XVIII, nunha típica de escena de cortexo, de casacón, con certa picaresca. Con cenefa en azul e motivos florais en dourado.
Prato chan en louza inglesa, de cor branco con cenefa con motivos florais en tons verdes e rosas; no centro, debuxado a plumilla por Benjamín de Prado, as iniciais M.A ( María de Andrés).
Prato de postre en louza de pedernal, de cor branco con cenefa e na parte central con debuxos xeométrico florais semellando traballo de musivaria en tons verdes, negros e dourados.
Prato chan en louza de pedernal, de cor branco con cenefa e na parte central con debuxos xeométrico florais semellando traballo de musivaria en tons verdes, negros e dourados.
Prato chan en louza inglesa decorado na orla con motivos florais de rosas selvaxes (wild rose) e unha paisaxe inglesa de Nunehan country, en Oxfordshire, todo en cores brancos e azuis.
Prato sopeiro en louza da Compañía de Indias, branco, vai decorado con motivos florais en tons azuis, verdes e vermellos, semellante no estilo e calidades aos producidos por John Ridgway Company a partir de 1813..
Prato chan de postre louza de Pickman correspondente á forma "Ochavada", con decoración estampada en cor rosa. Amosa no centro unha vista imaxinaria de inspiración occidental (tipo paisaxe de Claude Lorrain): un conxunto de edificacións palacianas arrodeadas de árbores e vizosa vexetación, situadas na ribeira dun río que aparece atravesado por unha ponte e unha góndola. En primeiro termo, un pavillón de inspiración clásica cunha escalinata que descende até un peirao no que unha parella cunha nena e un can, conversan. Van vestidos con traxes de época. Pola súa parte, a ala ornaméntase con catro vistas arquitectónicas idénticas, con palacios ao borde dun río e pequenos veleiros. Estas escenas altérnanse con escarapelas florais con cinco pinxantes na base e cinco corolas no remate con retícula de rombos raiados. No reverso, impreso o selo da fábrica da Cartuja, neste caso formado por unha áncora. Sobre ela, formando un semicírculo, a inscrición apenas lexíbel: "PICKMAN Y Cª". O selo corresponde ao nº 18 da historia desta factoría.
Prato sopeiro en louza da Compañía de Indias, branco, vai decorado con motivos florais en tons azuis, verdes e vermellos, semellante no estilo e calidades aos producidos por John Ridgway Company a partir de 1813.
Prato Chan en louza inglesa decorado con orla con motivos florais de rosas selvaxes (wild rose) e unha paisaxe inglesa de Nunehan country, en Oxfordshire, todo en cores brancos e azuis.
Prato chan en louza de pedernal, de cor branco con cenefa e, na parte central, debuxos en forma de mosaico imitando motivos de ataurique en tons verdes, negros e dourados.
Prato chan en louza de pedernal, de cor branco con cenefa e, na parte central, debuxos en forma de mosaico imitando motivos de ataurique en tons verdes, negros e dourados.
Prato chan en louza inglesa, de cor branco con cenefa con motivos florais e xeométricos en tons verdes e rosas; no centro debuxado a plumilla por D. Benxamín de Prado as iniciais M.A ( María de Andrés).
Prato chan en louza inglesa decorado con orla de motivos florais de rosas selvaxes (wild rose) e unha paisaxe inglesa de Nunehan country, en Oxfordshire, todo en cores brancos e azuis.
Prato chan en louza inglesa decorado cunha paisaxe imaxinaria, chinoiserie en cores brancos e azuis. Representación da lenda de Kwang-se mediante estampa calcográfica, modelo "Willow azul" ideado por Thomas Minton en 1779.
Prato chan en louza de Sargadelos, decorado con estampado modelo "Góndola". Na orla da ala, alternancia de viñetas de paisaxe imaxinaria e rosas. 3ª ou 4ª Época (1845-1862/1870-1875).
Prato de té en porcelana de Limoges, producido por Paul et Pierre Parautaud Frères (monograma PP no reverso) en La Seynie para Limoges. En tons dourados e azul cobalto, o emblema do prato é unha escena estampada e policromada de cortexo asinada (non realmente) por Fragonard. O home e a muller protagonistas visten á moda de mediados do XVIII. Ela, que sostén unha coroa de flores, recibe do home un pequeno ramallete. Él abraza á muller. A escena ambiéntase nunha paisaxe nemorosa, de acordo cos arquetipos de cortexo ideadas polo Fragonard no que se inspira esta serie producida en Limoges nas primeiras décadas do XX.
Pratiño semifondo de louza cocida con cuberta de esmaltes estanníferos de reflexos metálicos tipo mudéxar, cor cobre, e pinceladas azul cobalto que debuxan unha flor octopétala. Na corola, que ocupa o centro mesmo do prato nun lixeirísimo umbo (reminiscente da produción renacentista de Manises), unha estrela de David coa bisetriz marcada. No campo dos pétalos altérnase a decoración de reflexos acantiformes coa de losanges, raiados cun pinxante diagonal, finxindo perspectiva.
Prato fondo en peltre, de base plana, paredes curvas e ala lixeiramente recurvada, co seu borde destacado en arista concéntrica interior. Empregado para o xantar.