Botón de nácara de alma de latón de perfil convexo. No anverso, esgrafiados xeométricos no borde. O centro vai accidentalmente calado, polo que se transparenta, en forma de sol, a cor da alma. O reverso é plano. Reserva o centro para a asa, integrada e en alfa.
Botón circular en metal dourado e esmaltado no seu anverso. O reverso, plano, conta cunha asa integrada para levalo cosido. A súa face externa, así mesmo plana, presenta un motivo ornamental heráldico: un escudo de bordura apuntada; vai coroado por un helmo que mira á esquerda, con penacho en forma de crista e ampla despregadura de lambrequíns. O campo do brasón ocúpao unha torre de planta circular organizada en dous corpos: un alto basamento con porta de arco de medio punto na súa parte central, e un primeiro piso, de tamaño decrecente á respecto do anterior, cunha xanela de medio punto, en liña coa porta de abaixo. A torre remata nun tellado cónico.
Botón circular en metal, folladelata esmaltada, coa súa cara convexa. O seu anverso resólvese, na súa contorna, cun marco de motivos enlazados de rocalla dourados que delimitan un trevo de follas cóncavas que ocupa o campo, cuxo fondo vai esmaltado en negro. O cerco das follas do trevo vai decorado cunha cadea de esferas douradas. No interior das follas, sobre un fondo esmaltado en branco, un ramallete de flores executadas a pincel: dúas peonias na parte superior e un nonmesquezas abaixo. O reverso vai sen policromar pero repite a solución decorativa do trevo do anverso. O centro resérvase para a disposición da asa, que vai integrada no corpo do botón.

Botón circular en metal, folladelata esmaltada, coa súa cara convexa. O seu anverso resólvese, na súa contorna, cun marco de motivos enlazados de rocalla dourados que delimitan un trevo de follas cóncavas que ocupa o campo, cuxo fondo vai esmaltado en negro. O cerco das follas do trevo vai decorado cunha cadea de esferas douradas. No interior das follas, sobre un fondo esmaltado en branco, un ramallete de flores executadas a pincel: dúas peonias na parte superior e un nonmesquezas abaixo. O reverso vai sen policromar pero insiste na solución decorativa en forma de trevo do anverso. O centro resérvase para a disposición da asa, que vai integrada no corpo do botón.
Botón circular en metal, folladelata esmaltada, coa súa cara convexa. O seu anverso resólvese, na súa contorna, cun marco de motivos enlazados de rocalla dourados que delimitan un trevo de follas cóncavas que ocupa o campo, cuxo fondo vai esmaltado en negro. O cerco das follas do trevo vai decorado cunha cadea de esferas douradas. No interior das follas, sobre un fondo esmaltado en branco, un ramallete de flores executadas a pincel: dúas peonias na parte superior e un nonmesquezas abaixo. O reverso vai sen policromar pero replica a solución do trevo do anverso. O centro resérvase para a disposición da asa, que vai integrada no corpo do botón.
Botón do Real Seminario de San Antonio Abad. Biconvexo, o reverso leva gráfila en forma de cordonciño e reserva o campo para acoller, arriba, o anagrama do Ave María (AM entrelazados) coroado coa imperial, que sobresae do límite do cartucho ovoide onde se dispón aquel. Baixo o anagrama, a fórmula grega MP OY (María, Nai de Deus), empregada no seu emblema polo Ordo Clericorum Regularium pauperum Matris Dei Scholarum, isto é, polos escolapios. Vai orlado o emblema coa lenda en maiúsculas Real Seminario de San Antonio Abad. O reverso é lixeiramente convexo, sen decoración. No centro, leva asa circular integrada. O botón debeu de pertencer ao uniforme dun colexial.
Botón convexo de nácara sobre alma de metal. De perfil ondulado, o nácara vai tallado con incisións diagonais no borde e unha orla de follas. No centro, una estrela de oito puntas cun vástago, no seu centro, de cabeza redondeada, dourada, que asegura esta funda exterior á estrutura interior do botón. O reverso é plano e conserva a asa integrada, desenlace do vástago mencionado.
Estufa de orixe francesa (zona oriental) ou italiana (noroccidental), en barro cocido e esmaltado en branco, policromado a pincel a imitación das cualidades do mármore veteado. Con forma troncopiramidal invertida e abalaustrada, o corpo vai cortado a chafrán nas esquinas, rematadas á altura da boca do recipiente cunha tarxa vexetal coroada por cadanseu mascarón de león de boca calada. Tapa moldurada e extraíble. Conta con dúas asas laterais aseguradas ao interior mediante parafuso. Van en ferro con mango en madeira torneada. Esta chauferette conta con sete orificios, catro nas bocas correspondentes aos leóns, e tres na parte inferior. No seu interior depósito en ferro de forma troncocónica para a leña. Na base, na cara exterior, o número de serie: 42. Na tapa, outro número de serie: 52.
Broche, placa en folla de lata esmaltada, de forma cadrilonga e perfil lobulado. Esmaltado no anverso. Unha cenefa dourada delimita o emblema, no que se figura un paxaro semellante a un paspallás cristado (alas en tons azuis, cabeza cor tella, motas vermellas sobre plumaxe beixe no abdome e crista), difícil de identificar pola falta de naturalismo da escena. O paxaro está piques de emprender o voo ao pé dunha árbore, quizais unha oliveira. O motivo vai orlado cunha cenefa de grilandas florais, con alternancia de peonías, narcisos e violetas. Todo sobre unha pátina negra con faltas no esmalte na parte inferior esquerda. A peza carece do seu prendedor pois ía cosida ao téxtil correspondente a través dos orificios que presenta nos extremos. Quizais foi complemento de vestidura relixiosa.
Broche prendedor, supoñemos que para recoller o cabelo, en forma de ferradura de cabalo, feita en carei, con apliques de latón de cabeza troncopiramidal que simulan os cravos. No reverso, feche de agulla en metal dourado.
Broche en latón ovalado co seu perfil orlado cun cordonciño calado formando volutas, dúas a dúas, enfrontadas. O emblema, en esmalte azul cobalto cunha cenefa de espellos en esmaltes brancos e dourados formando unha cadea, que preceden, seguindo a distribución do patrón oval, a catorce estrelas douradas de cinco puntas. No centro, un ramallete en verdes e dourados, a modo de finta drapeada, que pende dun lazo e deste, unha cartela oxival disposta horizontalmente, en esmalte branco. Nela, escrito en cursiva "gage", que traducimos por prenda, testemuño dunha promesa, unha alfaia de amor ou de amizade.
Moble buró, sorte de bonheur de jour feminino, dese estilo Luis XV depauperado do XIX, lixeiramente panzudo, con dous caixóns na parte inferior, tres na superior e tapa abatible, apoiado en catro patas cabriolé e con motivo decorativo de palmeta no centro da cintura.
Moble buró en madeira de caoba escura; na parte superior con 13 caixóns, lacena central con caixón secreto, tiradores en cristal tallado e tapa abatible con pechadura de bronce. Na parte inferior catro caixóns grandes con tiradores en madeira de cabeza circular. Vai apoiado en catro pés lenticulares.
Buró-librería formado por dous corpos. No inferior catro caixóns con tiradores en bronce e tapa abatible que servía de escritorio. No seu interior seis caixóns (3 en cada lateral e unha pequena lacena central). Na superior, retranqueada, unha librería con tres baldas divididas á súa vez en diferentes apartamentos e con dúas portas. O moble remata con cornisa curva con decoración de rocalla sobredourada no copete.
Busto feminino funiddo en calamina (aliaxe de estaño, zinc e chumbo) cunha pátina de cor que lle confire o aspecto de bronce dourado buscado. A imitación dos que facía un Alfred Foretay, segue o estilo moi de moda durante a Belle Époque e primeiros anos do Art Noveau, de bustos femininos de amplo escote e gran volume superior, que diminúen, estreitando cabo da base, en función do estereotipo de xénero das Gibson Girls. Facíanse con lixeiras variacións no toucado e adobíos. Este de Tor é moi moi semellante aos que producía, a partir dun molde, o escultor catalán Pedro Ramón José Rigual (1863-1917), que adoitaba asinar as súas obras na parte posterior. Esta vai sen asinar.
Busto feminino fundido en calamina (aliaxe de estaño, zinc e chumbo) cunha pátina de cor que lle confire o aspecto de bronce dourado buscado. A imitación dos que facía un Alfred Foretay, segue o estilo moi de moda durante a Belle Époque e primeiros anos do Art Noveau, de bustos femininos de amplo escote e gran volume superior, que decrecen, estreitando cabo da base, en función do estereotipo de xénero das Gibson Girls. Facíanse con lixeiras variacións no toucado e adobíos. Este de Tor é moi moi semellante aos que producía, a partir dun molde, o escultor catalán Pedro Ramón José Rigual (1863-1917), que adoitaba asinar as súas obras na parte posterior. Esta vai sen asinar.
Busto masculino dun negro, barbado e con turbante. Leva un aro na orella dereita. As pupilas, perforadas, houberon de levar embutida algunha pedra ou esmalte para maior realismo. Leva data incisa na parte anterior (1873). Feito en terracota patinada e policromada, é do tipo dos que logo produciría en Viena o empresario checo Friedrich Goldscheider (1845-1897), sen que, polo momento, llo poidamos atribuír con certeza. A obra é moi semellante aos bustos modelados por Arthur Strasser (1854-1927), escultor vienés ao servizo dese Goldscheider, e naquel estilo "orientalista", preocupado pola reprodución máis ou menos veraz, naturalista, dos tipos fisonómicos do Oriente e da África negra, tan de moda nos fogares da alta burguesía europea a partir da segunda metade do século XIX, e tamén coleccionada pola familia imperial.
Cadeira biedermeier de caoba, respaldo con tres barrotes, o superior en madeira torneada, o central liso e o inferior en forma de palmeta. Asento tapizado en tea adamascada en tons rosa pau. Apoiada en catro patas, as posteriores de sabre. Xunto coas outras, facía xogo co canapé do salón norte.
Cadeira en madeira de caoba. Asento acolchado en tea adamascada con granate. Catro patas afusadas unidas por travesaños. Respaldo cunha sorte de lira ao estilo Imperio ou Country Chippendale de acordo coa interpretación feita por Duncan Phyfe.

Cadeira en madeira de caoba. Asento acolchado en tea adamascada con granate. Catro patas afusadas unidas por travesaños. Respaldo cunha sorte de lira ao estilo Imperio ou Country Chippendale de acordo coa interpretación feita por Duncan Phyfe. Da casa Cabezas, en Chantada, copia das cadeiras do XIX da Sala de Armas, froito dun encargo de don José Taboada Zúñiga.

Cadeira en madeira de caoba con respaldo e asento acolchado tapizado en tea adamascada cor granate. O respaldo vai decorado cunha sorte de lira ao estilo Imperio. Decoracións de rameados nos frontais. Patas afusadas unidas en chambrana. Tipo das que facía Duncan Phyfe.