UN COBRE CO MARTIRIO DE SAN LOURENZO DE TIZIANO
- Título
- UN COBRE CO MARTIRIO DE SAN LOURENZO DE TIZIANO
- Nº inventario
- 1162
- Situación
- Salón do Mediodía
- Material
- óleo/cobre
- Cronoloxía
- s. XVIII
- Procedencia
- Nova España?
- Autor/a
- A partir dun gravado de Cornelis Cort
- Descripción
-
Óleo sobre cobre do Martirio de San Lourenzo. É unha copia do orixinal que pintara Tiziano para El Escorial, réplica a escala reducida a partir do célebre gravado de Cornelis Cort. Talvez producido nalgún taller do Vicerreinato de Nova España, dada a proliferación deste asunto, frecuente nas láminas de metal aló iluminadas.
O gravado de Cort (quen nunca viu a obra encargada por Filipo II para O Escorial) fonte deste cobre, difire das versións pictóricas de Tiziano, polo que debeu de o facer conforme a un debuxo preparatorio achegado polo propio mestre, para o que traballaba. O cobre en láminas finas e pulidas serviu como soporte para a pintura ao óleo, especialmente por artistas flamengos do século XVII. Destinábase a técnica para pequenas escenas, de formato reducido: paisaxes, pequenos retratos, estampas devocionais ou copias a escala diminuída de obras mestras. O soporte de cobre proporcionaba unha mellor conservación da pintura, tamén facilitaba a súa comercialización. A humidade non atacaba ao lenzo, resultaba máis económico e doado de preparar. Non obstante, tiña o problema da pouca adherencia da materia pictórica que, ás veces, provoca desprendementos.
- Medios
-
Matirio san lourenzo.JPG
