UNHA ÚLTIMA CEA DO PERÚ?
- Título
- UNHA ÚLTIMA CEA DO PERÚ?
- Nº inventario
- 0165
- Situación
- Comedor Principal
- Material
- óleo/cobre
- Cronoloxía
- s. XVIII
- Dimensións
- 48 cm x 62 cm
- Procedencia
- Perú?
- Autor/a
- Copia dun gravado de Jan Sadeler dun orixinal de Pedro Branco
- Descripción
-
Óleo sobre cobre que representa a Última Cea. Asume a noción iconográfica da mesa rectangular e a disposición escorzada dos comensais do primeiro plano, co traidor Xudas como introdutor da escena, identificable co atributo da bolsa de moedas que porta na destra e o feito de ir vestido de amarelo, cor dos celos, acompañado por un manto vermello, cor do pecado, mesma tonalidade dos seus cabelos. Repite o tópico do apóstolo Xoán durmido, apoiado no ombreiro de Xesús, reminiscencia das composturas dos triclinia clásicos. Marco liso en madeira ebonizada. Trátase dunha copia fiel do gravado orixinal de Jan Sadeler a partir dun deseño de Peter de Witte (Pedro Cándido ou Pedro o Branco, 1548-1628), de cara os anos 1570-1600 que alcanzou ampla difusión. É salientábel o cromatismo romanista, brillante de verdes, amarelos e vermellos presentes nos mantos que difiren da versión en lenzo do mesmo tema pintada polo mestre de Bruxas. A presenza dun probábel cuit sobre a bandexa, no canto do año da fonte orixinal, podería suxerir a orixe vicerreinal, peruana desta pintura.
Sobre a difusión do gravado de Sadeler, dicir que un lenzo atribuíbel a Antonio García de Bouzas para o colexio xesuita de Monterrei repite a fórmula creada por Pietro Cándido, quen, por outra banda, debeu de inspirarse nalgunha Santa Cea de Vasari.
- Medios
-
ultima cea.JPG
Parte de UNHA ÚLTIMA CEA DO PERÚ?
