XAPÓN EN MÉXICO: UN KAKEMONO DE SAN DOMINGOS DE GUZMÁN
- Título
- XAPÓN EN MÉXICO: UN KAKEMONO DE SAN DOMINGOS DE GUZMÁN
- Nº inventario
- 0169
- Situación
- Comedor Principal
- Material
- óleo/lenzo/madeira
- Cronoloxía
- s. XVIII
- Dimensións
- 106,3 cm x 79,5 cm
- Procedencia
- Cusco?
- Descripción
-
Óleo sobre lenzo enrolábel, a modo de estandarte, probabelmente de uso devocional e de orixe novohispana, coa imaxe de San Domingos de Guzmán. Con caixa estoxo de madeira na parte superior, para acoller o lenzo unha vez enrolado, e listón tornado inferior de cor verde con motivos dourados, apto para aquel fin. O santo leva hábito da Orde Dominicana, báculo coa cruz dos dominicos, rosario, libro da Orde, e aos pés, o can sobre un orbe coa tea acesa, ou sexa, os atributos propios da súa iconografía máis habitual.
É unha pintura reveladora dunha arte de ida e volta pola súa tipoloxía. Os lenzos enrolábeis, chamados kakemonos no Xapón, eran facturas orientais que chegaron ao Perú e á Nova España vía Filipinas (que estaba integrada entón nese último vicerreinato), desde os portos de Manila ata Acapulco, na coñecida Ruta do Galeón de Manila. Non só se transportaban mercancías, tamén ideas estéticas e culturais. Foi tal a demanda desde o vicerreinato que chegou a desenvolverse aló unha produción propia influída pola arte asiática. Por suposto, tamén arribaron a América estes kakemonos, pinturas colgantes verticais sobre papel ou seda, sen bastidor, montadas sobre uns roletes que posibilitaban o seu pregado para ser gardados e transportados. De orixe chinesa, pasaron ao Xapón e a toda Asia. En América, os modelos foron copiados polo seu fácil transporte no estoxo. Falamos dun modelo de arte viaxeira que recalaba na Península desde o porto de Veracruz. Para a peza de Tor barallamos unha posíbel orixe cusqueña, onde se pintaban por artistas locais, como o lenzo de Nosa Señora do Monte Fariña, enviada tamén a España.
- Medios
-
Kakemoko.JPG
Parte de XAPÓN EN MÉXICO: UN KAKEMONO DE SAN DOMINGOS DE GUZMÁN
