Macuquina de prata
- Título
- Macuquina de prata
- Nº inventario
- 1356
- Situación
- Salón Norte
- Material
- prata
- Cronoloxía
- 1766
- Procedencia
- Potosí
- Autor/a
- José de Vargas y Flores (ensaiador)
- Descripción
-
Macuquina de prata de 8 reais acuñada en 1766, baixo o reinado de Carlos III. No anverso: cruz potenzada con castelos e leóns; a saída dos cuarteis está pechada cunha dobre liña curva; á esquerda, P; por riba, 8; á dereita V; debaixo 766. Reverso: Columnas sobre ondas de mar cruzadas por dúas liñas horizontais que forman nove cuarteis nos que se distribúe a seguinte inscrición: P - 8 - V / [PL]V - SVL - TR[A] / [V] - 766 - P.
Canto liso. V é a marca do ensaiador, José de Vargas y Flores. P, a ceca do Potosí.
Chamadas despectivamente en América "macacos" polo seu aspecto deforme, e "cobs" no mundo anglosaxón. Comezou a súa cuñaxe na América Vicerreinal no século XVI. Acuñábase manualmente, a martelo sobre o cospel irregular e cortadas a tesoura. De aí vén supostamente o nome, tomado do quechua Makkaikuna, ou sexa, golpeadas. Producíronse até 1767, de maneira que o exemplar de Tor será dos últimos da súa natureza. Está disposta nunha vitrina do Salón Norte, xunto con outras curiosidades de países recuados.
As vitrinas, nun pazo ou palacio, eran chamadas "escaparates". Acollían todo tipo de exotismos que amosar ás visitas para propiciar a charla. Outra razón que podería xustificar a súa chegada a Tor apunta ao parentesco da liñaxe co vicerreinato do Perú, nunha relación comezada por Rodrigo de Quiroga (1512-1580), nomeado gobernador de Chile até en dúas ocasións, e co de Nueva España, a través dos condes de Moctezuma. Xa nun plano lendario, dise que a prata das Indias gastáronna os señores de Tor (Francisco Taboada en concreto) para sufragar os gastos requiridos polas guerras carlistas.
- Páginas del sitio
- Tenochtitlán conquistado e unha macuquina
- Medios
-
Macuquina (6).JPG
Parte de Macuquina de prata
