Medalla
- Identificador
- 1350/1/0-1-1350
- Título
- Medalla
- Descripción
- Medalla militar ovalada en prata da Campaña de Marruecos, correspondente a oficial do exército nas campañas do Riff (1909-1927). No anverso, en medio relevo, busto de Alfonso XIII de perfil (esquerdo), co uniforme de Capitán Xeneral, pasador de condecoracións e casco dos denominados de "pincho", empregados no exército español naquela época, orlado de ramas de laurel e a lenda "Marruecos". No reverso, unha Vitoria tipo Samotracia cunha palma na man dereita e unha coroa de laurel na esquerda. Como fondo, unha paisaxe cun abrente e a Alcazaba de Zeluán (á dereita da Vitoria) e as ladeiras do monte Gurugú (á esquerda da Vitoria), cerca de Melilla. Aos seus pés, na dereita, o escudo de armas de España, e na esquerda, o correspondente a Melilla, orlados con ramas de laurel e oliveira. Na parte superior, a lenda "Reinando Don Alfonso XIII". Sobre o borde superior, solidario coa medalla, unha coroa real pechada, sen orbe nin cruz (que si había nas primeiras versións).
- Formato
-
Prata
Técnica: Fundido
Alto: 38 mm
Ancho: 30 mm - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Rafael Herranz Ybarra, "Las condecoraciones de la Guerra de Marruecos 1909-1927", Akros: Revista de Patrimonio, nº 6, 2007, pp. 87-96.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 22 de nov de 22
- Estado de conservación
- BO
- Conjuntos de fichas
- Obxectos militares (OM)
Parte de Medalla