Broche
- Identificador
- 1369/0/0-1-0
- Título
- Broche
- Descripción
- Broche en latón ovalado co seu perfil orlado cun cordonciño calado formando volutas, dúas a dúas, enfrontadas. O emblema, en esmalte azul cobalto cunha cenefa de espellos en esmaltes brancos e dourados formando unha cadea, que preceden, seguindo a distribución do patrón oval, a catorce estrelas douradas de cinco puntas. No centro, un ramallete en verdes e dourados, a modo de finta drapeada, que pende dun lazo e deste, unha cartela oxival disposta horizontalmente, en esmalte branco. Nela, escrito en cursiva "gage", que traducimos por prenda, testemuño dunha promesa, unha alfaia de amor ou de amizade.
- Formato
-
Latón
Técnica: Esmaltado - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- ARBETETA, Letizia. La joyería Española: de Felipe II a Alfonso XIII en los Museo Estatales. Madrid: Ministeriode Cultura, 1998
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 4 de dec de 22
- Estado de conservación
- BO
- Notas
- A extensión do culto aos santos está moi vinculada á difusión da imaxe impresa, un proceso no que os aleluias foron determinantes. Aleluia é cada unha das estampiñas que, formando unha serie, contén un prego de papel coa explicación do asunto. Tiñan un importante papel pedagóxico. O baixo prezo das estampas favoreceu que as imaxes foran recortadas individualmente para seren colocadas no interior de estoxos como o desta peza, ou das xoias denominadas relicarios, tarefa que se levaba a cabo nas clausura femininas, onde as monxas cortaban, coloreaban e decoraban con talcos as pequenas estampas. Sospeitámoslle un uso cerimonial, formando parte do traxe de vistas das noivas de La Alberca.
- Conjuntos de fichas
- Orfebrería
Parte de Broche