Medalla
- Identificador
- 1413/0/0-1-0
- Título
- Medalla
- Descripción
- Medalla oxival en prata da Congregación de María Inmaculada e San Lois Gonzaga. No anverso, a Inmaculada Concepción, con manto e túnica, coroa de doce estrelas e pisando a serpe, orlada coa lenda latina "Congregatio Mariana. Ave Maria gratia plena. Dominus tecum", en alusión á congregación e ás palabras da salutación anxélica coas que se inicia o Ave María. No reverso, tres óvalos coas imaxes dos tres santos patronos das Congregacións Marianas. Arriba, San Lois Gonzaga, debaixo, San Xoán Berchmans e San Estanislao de Kostka. Nunha filacteria que percorre os tres óvalos, reza: "Adjutor et protector factus est mihi", ou sexa, "Ti es o meu auxilio e protector". Abaixo, reza "Cor unum et anima una", é dicir, "un só corazón e unha soa alma", frase que fixo súa Santo Agostiño e que adoptaron como lema diversas congregacións relixiosas dado que sintetizaba moi ben a total entrega a Deus. O deseño, común a moitas congregacións marianas, foi realizado polo xesuita Martín Coronas Pueyo (1862-1928), recoñecido pintor que decorou moitas das casas da Compañía de Xesús. Posíbelmente foi fundida en Barcelona, no taller dos Vallmitjana, fundado en 1860. Conserva a cinta albiceleste orixinal.
- Autoría
- Martín Coronas Pueyo
- Formato
-
Metal prateado
Técnica: Fundido - Procedencia
- Salón Norte
- Cobertura espacial
- Barcelona?|Vallmitjana?
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado Testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Mª Luisa Vico Nieto, La medalla editada en España (1950-1980) [...], Tesis doctoral, Madrid, U.C.M., Fac. BB. AA., 2016, p. 107
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 15 de feb de 23
- Estado de conservación
- BO
- Conjuntos de fichas
- Orfebrería
Parte de Medalla