Broche
- Identificador
- 1367/0/0-1-0
- Título
- Broche
- Descripción
- Broche, placa en folla de lata esmaltada, de forma cadrilonga e perfil lobulado. Esmaltado no anverso. Unha cenefa dourada delimita o emblema, no que se figura un paxaro semellante a un paspallás cristado (alas en tons azuis, cabeza cor tella, motas vermellas sobre plumaxe beixe no abdome e crista), difícil de identificar pola falta de naturalismo da escena. O paxaro está piques de emprender o voo ao pé dunha árbore, quizais unha oliveira. O motivo vai orlado cunha cenefa de grilandas florais, con alternancia de peonías, narcisos e violetas. Todo sobre unha pátina negra con faltas no esmalte na parte inferior esquerda. A peza carece do seu prendedor pois ía cosida ao téxtil correspondente a través dos orificios que presenta nos extremos. Quizais foi complemento de vestidura relixiosa.
- Formato
-
Latón
Técnica: Esmaltado - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 3 de dec de 22
- Estado de conservación
- REGULAR
- Notas
- A extensión do culto aos santos está moi vinculada á difusión da imaxe impresa, un proceso no que os aleluias foron determinantes. Aleluia é cada unha das estampiñas que, formando unha serie, contén un prego de papel coa explicación do asunto. Tiñan un importante papel pedagóxico. O baixo prezo das estampas favoreceu que as imaxes foran recortadas individualmente para seren colocadas no interior de estoxos como o desta peza, ou das xoias denominadas relicarios, tarefa que se levaba a cabo nas clausura femininas, onde as monxas cortaban, coloreaban e decoraban con talcos as pequenas estampas. Sospeitámoslle un uso cerimonial, formando parte do traxe de vistas das noivas de La Alberca.
- Conjuntos de fichas
- Complemento de indumentaria (CI)
Parte de Broche