Abano
- Identificador
- 1371/0/0-1-0
- Título
- Abano
- Descripción
- Abano pregable de 14 variñas e 2 gardas, en forma de folla, ovalado. O varillaxe, curto a imitación dos cristinos, en plástico calado con motivos en losanges. O país, en tea de algodón encolado ao varillaxe. Decorado con pequenas lentexoulas. No anverso, imaxe feita a pincel e coloreada dunha muller cazadora, vestida á moda romántica, con certos anacronismos no toucado e calzado (loce un bicornio). Saias, mandil e chaqueta, tamén o zurrón, resoltos cun bordado de fío en cores branco, azul, morado e verde. Apoia a escopeta de caza nun poste. Un can branco, con colar, disponse a buscar a presa. No reverso, unha rosa pintada enmarcada entre volutas voantes flanqueada por dúas grilandas simétricas de rosas e follas, dispostas en forma de C e executadas a pincel.
- Formato
-
Plástico
Técnica: Bordado - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 4 de dec de 22
- Estado de conservación
- BO
- Notas
- S. Alois. Gon. 218|A extensión do culto aos santos e ás súas reliquias está moi vinculada á difusión da imaxe impresa, e ao coleccionismo e reunión de mínimas lipsanotecas, de xoiería devocional que formaba parte da indumentaria, con pezas moi alfaiadas, neste caso a base de estrás, que mesmo podían ser levadas polos infantes. A reliquia de San Lois Gonzaga, canonizado en 1726 por Bieito XIII, quen o declarou patrón da xuventude, podería confirmar o uso que aquí barallamos, como o dun medallón protector do rapaz ou da rapaza que o levaría pendurado do colo. De feito, sospeitámoslle un uso cerimonial, formando parte do traxe de vistas das noivas de La Alberca.
- Conjuntos de fichas
- Complemento de indumentaria (CI)
Parte de Abano