Abano
- Identificador
- 1391/0/0-1-0
- Título
- Abano
- Descripción
- Abano de pantalla ou "écran de visage" fixo, con mango en madeira de faia torneada en triple bocel e arista; a pantalla en cartón, de forma ovalada no arranque e remate progresivo en perfil ondulado. No anverso e reverso, augaforte estampada e coloreada na que se debuxa unha orla de cintas drapeadas e borlas de gusto rococó. A orla acubilla, nunha cara, a despedida de Jan Sobieski, rei dos polacos, ao pé do seu cabalo e acompañado pola súa garda persoal, da súa dona, Marie-Casimire de la Grange D'Arquien, antes de se partir ao socorro de Viena, asediada polos turcos. Na outra cara un texto en francés, en cursiva, explica a escena baixo o título "Histoire de Pologne": "L'orsque le Roi de Pologne, Jean Sobiesky, monta à cheval pour aller au secours de Vienne; assiégée par les Turcs, la Reine son épouse le regarda en pleurant et en embrassant le plus jeune de ses fils. Pour quoi pleurer, Madame, lui dit le Monarque. Je pleure, répondit elle, de ce que cet enfant n'est pas en etat de vous suivre comme les autres". Vai asinada polo prelo parisiense e máis a dirección postal: Á Paris, chez Lattré Rue St. Jacques vis-a-vis celle de la Parcheminie nº 20. A imprenta de Lattré está documentada nesa dirección a partir de 1765 e fai referencia ao fundador da casa, o impresor Jean Lattré (170?-1791). Foi tamén editor e gravador ordinario do rei de Francia e doutros persoeiros, mesmo da cidade de París a partir de 1771. A súa esposa, Marie Françoise era calígrafa e impresora de cartas: quizais a caligrafía do relato sexa dela. Canto a ese texto, é un extracto copiado literalmente do volume: "Dictionnaire d'Anecdotes, de traits singuliers et caracteristiques, historiettes, bons mots, naivetés, saillies, reparties ingenieuses, A Paris, Chez Le Combe, Libraire, Quai de Conty, 1786". O abano responde con fidelidade á tipoloxía dos editados por Lattré, onde recollía mapas cartográficos (a súa actividade principal era a impresión de mapas) como o referido a Europa, do ano 1765. Na Biblioteca Nacional de Francia conservan 10 écrans editados por Lattré cuxas escenas estaban deseñadas polo mesmísimo François Boucher con Pierre-Philippe Choffard (1730-1809) como gravador. Datada a colección no 1772, optamos por asignárllelo, pois este abano observa características idénticas aos producidos nese ano.
- Autoría
- Jean Lattré e Marie Françoise e François Boucher?
- Formato
-
Cartón
Técnica: Augaforte - Procedencia
- Salón Norte
- Cobertura espacial
- Francia|Chez Lattré
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Inv. du Fonds Français du XVIII.e siècle" t. IV, art. Choffard (Pierre-Philippe), p. 422-423, n. 258-261; Inventaire du fonds français, graveurs du XVIIIe siècle / Bibliothèque nationale, Département des estampes. 12, Janinet-Launay / par Michèle Hébert,.
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 16 de dec de 22
- Estado de conservación
- BO
- Procedencia/Xacemento
- Francia
- Notas
- Chez Lattré
- Conjuntos de fichas
- Complemento de indumentaria (CI)
Parte de Abano