Abano
- Identificador
- 1394/0/0-1-0
- Título
- Abano
- Descripción
- Abano pregable de 16 variñas e 2 gardas, decoradas con motivos vexetais, volutas acantiformes, douradas e caladas. Craviño de nácara coa borla orixinal. O país, a dobre cara, con litografías iluminadas. No anverso, na viñeta central, represéntase o Xuízo de Salomón, de clara inspiración na célebre pintura de Nicolás Poussin (datada no 1649) co mesmo asunto, mais neste abano replantexada a escena nun exterior e prescindindo dalgúns dos personaxes secundarios do orixinal. A figura de Salomón tamén difire da poussiniana. No abano, o rei, sinalando ao verdugo a orde de partir en dúas metades ao neno, a indumentaria e a coroa, (o cetro que porta é unha licencia) están tomados do modelo deseñado por Rafael e difundido a través do gravado de Nicolas Chaperon, xusto o mesmo ano 1649. A escena vai flanqueada por cadansúa cornucopia dourada de gusto rococó. No reverso, represéntase o regreso dun mozo á súa casa, recibido pola familia, nun ambiente rural, bucólico, idealizado. A indumentaria que locen encaixa coa cronoloxía do abano, primeira metade do XIX. Quizais esteamos perante dunha metáfora frivolizada, de acordo cos gustos aristocráticos, do regreso do fillo pródigo. A escena vai flanqueada por dous ramalletes de rosas enmarcadas nun cartucho de liñas mixtilíneas e cenefas acantiformes douradas.
- Formato
-
Nácara
Técnica: Talla - Procedencia
- Salón Norte
- Materia
- Abano
- Complemento de indumentaria (CI)
- Doméstico
- Relixioso: Bíblico
- Figurada (figura humana)
- Cobertura espacial
- España
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 21 de dec de 22
- Estado de conservación
- BO
- Notas
- Dentro dos complementos de indumentaria, tanto masculinos coma femininos, los reloxos de peto foron metonimia de dignidade e riqueza das elites sociais. O seu uso foi xeneralizado a partir do século XVIII e, sobre todo, durante o XIX. Nun principio levábanse pendurados do colo por unha cadea ou na cintura, mediante un broche ou chatelaine, formado por varias cadeas das que se suspendían pequenos perfumadores, selos e outros accesorios, amais do reloxo. A partir do século XIX os reloxos penden de leontinas e van gardados no chaleque, prenda masculina que se pon de moda no 900.
- Conjuntos de fichas
- Complemento de indumentaria (CI)
Parte de Abano