Abano
- Identificador
- 1439/0/0-1-0
- Título
- Abano
- Descripción
- Abano pregable de 17 variñas e 2 gardas. As variñas, en plástico, caladas, con motivos dourados florais e losanges. O país, encolado ao varillaxe, en papel engomado, consiste no seu anverso nunha cromolitografía con ribeteados e aplicacións douradas impresas de arquitecturas e tracerías góticas que flanquean a escena contida no cartucho central. De forma cadrilonga, recréase nel a típica escena de cortexo dezaoitesco, de ambiente pastoril. Dúas parellas dispóñense a iniciar un baile flanqueadas por dúas mulleres: a da dereita, sentada na herba, sostén unha vara; a da esquerda, axeonllada, ten conta dunha ovelliña. Todo o grupo vai ataviado á moda do último terzo do século XVIII, se ben con probábeis anacronismos: elas con amplas saias, de ancho voo, xustillo, a pel branqueada e cabelos recollidos, peiteados cara atrás; eles con calzóns, medias brancas, chaleques e casacas, con coleta recollida nun finta negra. No reverso, as varillas recibiron decoración máis exigua e o país resolveuse cunha gran cenefa de motivos dourados entrelazados, acantiformes, que serve de marco ao emblema central, outra cromolitografía no eixo da composición: un dueto musical protagonizado por dúas mulleres. A da esquerda, sentada (non se aprecia se o fai sobre unha cadeira ou non), toca unha viola de gamba; a da dereita, de pé, a frauta. As roupas que levan recordan máis, sen embargo, á moda de comezos do século XVII, pero en definitiva, remiten ambas escenas aos gustos cortesanos, vesallescos, vertidos nos abanos de época isabelina. Esta peza sería un pastixe do XX, imitación dos abanos da segunda metade do XIX, quizais copiada, alomenos a escena do concerto, dalgún gravado a partir de pinturas de finais do XVI e comezos do XVII, como unha anónima conservada no Hôtel Lallemant, en Bourges, onde veremos unha parella semellante. Tal cousa explicaría o salto cronolóxico na moda que locen os personaxes do anverso e do reverso.
- Formato
-
Plástico/papel
Técnica: Litografía - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado Testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 26 de feb de 23
- Estado de conservación
- BO
- Conjuntos de fichas
- Complemento de indumentaria (CI)
Parte de Abano