Abano
- Identificador
- 1469/0/0-1-0
- Título
- Abano
- Descripción
- Abano pregable de 17 variñas e dúas gardas. As variñas, en plástico, son de perfil oblongo e levan motivos decorativos vexetais en esmalte negro e losanges dourados. O país, encolado ao varillaxe, en papel engomado, consiste no seu anverso nunha cromolitografía con ribeteados e aplicacións douradas impresas de tracerías que conforman cartuchos de volutas e placas de raizame manierista. Flanquean a escena contida no cartucho central. De forma cadrilonga, recréase nel a típica escena dun serrallo turco, cun sultán cortexando á favorita, estomballada nunha otomá. Unha parella de mulleres, vestidas á oriental, aproxímase aos protagonistas con perfumes e outros adobíos. No reverso, as varillas recibiron decoración máis exigua e o país resolveuse cunha gran cenefa de motivos dourados entrelazados, acantiformes, que serve de marco ao emblema central. Consiste noutra cromolitografía, eixo da composición, sen relación ningunha coa do anverso: recréase unha escena bucólica. Unha muller sentada, con xustillo e ampla saia, acompañado dun home, recibe o obsequio doutro que se lle aproxima. Os homes levan medias brancas, e blusa e peiteado desconcertantes, anacrónicos, pois no seu caso parece medieval. En definitiva, remiten ambas escenas aos gustos cortesanos, versallescos, vertidos nos abanos de época isabelina. Esta peza sería un pastixe do XX, imitación dos abanos da segunda metade do XIX, quizais copiada, alomenos a escena do serrallo, dalgún gravado a partir de pinturas de finais do XVIII e primeira metade do XIX. Tal cousa explicaría o salto cronolóxico na moda que locen os personaxes do anverso e do reverso.
- Formato
-
Papel
Técnica: Litografía - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado Testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 4 de abr de 23
- Estado de conservación
- BO
- Conjuntos de fichas
- Complemento de indumentaria (CI)
Parte de Abano