Abano
- Identificador
- 1470/0/0-1-0
- Título
- Abano
- Descripción
- Abano pregable de 16 variñas e dúas gardas. As variñas, en plástico (imitación de óso) e de perfil oblongo, van caladas con motivos vexetais esquemáticos no corpo coroados por unha flor tetrapétala, así mesmo calada, na parte superior. O país vai encolado ao varillaxe. En papel, nun ton beixe pálido, leva no anverso, como motivo decorativo no extremo esquerdo, un ramallete de flores executado a pincel. O reverso proclama o anacronismo da peza, a súa vontade pretensiosa de querer imitar as modas cortesás dos abanos isabelinos, pois no lugar do ramallete do anverso, atopamos aquí unha parella digámoslle "goyesca": a pincel, un toureiro, toucado e vestido con traxe de luces que desexan parecer dezaoitescos, e unha maja, que recibe un papel, un recado do home que a cortexa. Semella vago recordo do relato de Gautier e das pinturas románticas, co mesmo asunto, dun Joaquín Domínguez Bécquer.
- Formato
-
Papel
Técnica: Pastel - Procedencia
- Salón Norte
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado Testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 4 de abr de 23
- Estado de conservación
- BO
- Conjuntos de fichas
- Complemento de indumentaria (CI)
Parte de Abano