Alzado
- Identificador
- 1403/0/0-1-0
- Título
- Alzado
- Descripción
- Alzado da muralla de Lugo debuxada sobre papel vergado, en tinta sepia. En perspectiva cabaleira, vai asinada e datada polo artista barroco Agustín Baamonde (1713-1784): "escultor y arquitecto" (sic). Corresponde ao flanco da muralla romana á altura do Campo Castelo, construción medieval que tamén aparece recollida na parte superior dereita, orixinaria do topónimo do barrio. Aprécianse no castelo as armas do bispo lucense do XVI Fernando Velosillo (1567-1587). O plano foi levantado a raíz da reforma do Cárcere Eclesiástico, promovida polo Bispo Francisco Izquierdo y Tavira (1748-1762). O novo edificio, hoxe moi reformado, tamén se retrata no ángulo inferior esquerdo, onde se aprecia o escudo heráldico do prelado e a face orixinal do edificio. Os cubos da muralla representados conservaban daquela os vans balísticos, coma os da actual torre da Mosquera, e escaleiras de acceso. Acompaña o plano unha lenda explicativa con ata dez anotacións. Foi trazado como documentación anexa e probatoria, co gallo dun preito con Carlos Suárez. A autoría de Baamonde, escultor máis que tracista ou arquitecto, explícase por seren veciño do Barrio, zona que coñecía moi ben, non tanto pola calidade do debuxo. O seu rigor vén dado, polo tanto, pola verosimilitude do testemuño.
- Autoría
- Agustin Baamonde
- Formato
-
Papel
Técnica: Debuxo
Alto: 460mm
Longo: 583mm - Procedencia
- Comedor Vello
- Cobertura espacial
- Lugo|Lugo
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Antonio Rodríguez Colmenero,Antonio rodríGuez colMenero, Lucus Augusti: a cidade romano-xer-mánica da Fisterra Ibérica, xenése e evolución histórica (14 a. C.- 711 d. C.), Lugo, Ayuntamiento de Lugo; Servicio Municipal de Arqueología, 2011; Idem, “De Lucu
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 8 de dec de 20
- Estado de conservación
- BO
- Procedencia/Xacemento
- Lugo
- Notas
- lendas explicativas
- Conjuntos de fichas
- Documentos e publicacións (DP)
Parte de Alzado