Reloxo
- Identificador
- 171/0/0-1-0
- Título
- Reloxo
- Descripción
- Reloxo de Alfredo Delage de caixa alta de péndulo, con calendario mensual, coa caixa de madeira policromada en tons verdes e motivos florais en dourado. A decoración da esfera é unha escena simbólico en folla de lata repuxada, cunha escena relixiosa moi interesante que aclaramos nas notas.
- Autoría
- Alfredo Delage|Alfredo Delage
- Formato
-
Madeira policromada, cerámica, peltre
Técnica: Ebanistería
Alto: 240
Longo: 28
Ancho: 45 - Procedencia
- Comedor principal
- Materia
- Reloxo
- Instrumento de medida e precisión
- Doméstico
- Relixioso: Iconografía Mariana
- Vexetal: Floral
- Cobertura espacial
- Ourense|Ourense, Rúa Paseo
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fuente
- Dubois, Pierre, Histoire de l’horlogerie: depuis son origin jusqu’à nos jours, Editions Decoopman, 2017; -Tempora mutantur. Reloxos do Museo Provincial de Lugo : [exposición];
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 1 de dec de 17
- Estado de conservación
- B
- Notas
- Alfredo Delage à Orense|A Virxe Inmaculada segundo a visión apocalíptica, Tota Pulchra, con túnica e manto, mans pregantes, auréola de doce estrelas e sobre un crecente luar, unha mitra papal e un chapeu cardealicio, en medio dun rachamento de gloria, unha serpe, símbolo do demo, que asexa pola dereita, namentres un home barbado, tonsurado e con hábito de monxe e axeonllado espreita a visión pola esquerda sostendo un libro aberto no que lemos o seguinte texto latino: IPSA CONTERET CAPUT TUUM na páxina esquerda, que traducimos Ela pisará a túa cabeza (a do demo simbolizado na serpe), extractado do Xénese; na páxina dereita, PORTAE INFERI NON PRAEVALEBUNT, ou sexa, As portas do Inferno non prevalecerán, que lemos no Evanxeo de San Mateo. É dicir, a visión apocalíptica do Antigo Testamento recollida no reloxo xustificaría o dogma da Inmaculada Concepción como protectora da Igrexa de Roma (mitra papal sobre a que se ergue o crecente luar), un dogma controvertido moi defendido pola Orde Franciscana (unha Orde de forte presenza no Pazo de Tor), pero tamén polos mercedarios (Orde moi presente tamén na colección deste museo) de maneira que debemos identificar ao monxe axeonllado con San Pedro Pascual, considerado Primeiro Doutor da Inmaculada. O dogma non sería definido e aprobado oficialmente até o ano 1854, o que pode axudar a concretar a cronoloxía do reloxo. Abaixo, nas esquinas do plafón da esfera, dous personaxes axeonllados pechan a composición, toda ela dourada.
- Conjuntos de fichas
- Instrumento de medida e precisión
Parte de Reloxo





