Reloxo
- Identificador
- 305/0/0-1-0
- Título
- Reloxo
- Descripción
- Reloxo mural, "ollo de boi", con mecanismo Morez, feito en París. A súa esfera oval é ondulada, con alma de madeira de piñeiro recuberta por lámina de alabastro nacarado. Vai salpicada no seu campo con ornamentación floral e xeométrica esmaltada con embutidos de nácara. Os números romanos van en cursiva inglesa, dispostos en cartuchos de porcelana orlados con cenefa acantiforme de latón dourado con cadanseu copete floral e de rocalla. As agullas son caladas, con tracería gotizante. Consta de dous orificios para dar corda. O marco, de estilo isabelino, é de perfil ondulado e está tallado en madeira ebonizada. A caixa, con tapa acristalada, é hexagonal, feita en madeira de piñeiro. É de apertura frontal e superior mediante unha bisagra e feche de femia. Conserva a chave para lle dar corda (para uns 8 días) no interior. Sonería sobre gong de péndulo (ben conservado) ás horas e medias.
- Formato
-
Madeira lacada, esmalte e alabastro
Técnica: Esmaltado
Alto: 76,6
Ancho: 57 - Procedencia
- Cuarto de estar
- Cobertura espacial
- Francia|París
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 24 de nov de 18
- Estado de conservación
- R
- Observación Conservación
- A madeira do marco perdeu parte da súa capa ebonizadora e presenta buratos provocados por xilófagos.
- Notas
- Este reloxo francés, de época isabelina, pertence a unha tipoloxía que se coñece popularmente como reloxo de ollo de boi: alcanzou gran difusión na Europa a finais do XIX, especialmente entre as clases burguesas. Os modelos podían variar na forma da tapa, que podía ser de contorno sinuoso, mixtilíneo, oval, etc., nos motivos decorativos ou nos materiais empregados na fabricación da caixa ou da esfera.
- Conjuntos de fichas
- Instrumento de medida e precisión
- Medios
-
3050010_0007.bmp
Parte de Reloxo
