Reloxo de bolsillo
- Identificador
- 1359/0/0-1-0
- Título
- Reloxo de bolsillo
- Descripción
- Reloxo de peto, tipo saboneta, con coroa ás 3. De esfera de porcelana tipo isabelina con orla e emblema central dourado con decoración fitomórfica de grilandas de roleos; campo nacarado e numeración romana en negro. Segundeiro ás 6. Caixa de prata de tres tapas. A dianteira, con gravado a guilloché e escudo de campo baleiro (para gravar as iniciais do propietario, supoñemos) orlado cun cinto; no interior, numeración en cursiva 26431. A traseira presenta tamén gravado xeométrico a guilloché. No interior, a mesma numeración. O gardapó de metal presenta dous orificios para a toma de corda e posta en hora mediante chave e gravado CYLINDRE. Do que deducimos que o mecanismo é de pontes, con escape de cilindro, espiral Breguet e 8 rubís. Non conserva a chave de corda (pero véxanse as pezas 1452 e seguintes deste inventario). As agullas son pavonadas, tipo pera.
- Formato
-
Prata
Técnica: Gravado a burel - Procedencia
- Salón Norte
- Cobertura espacial
- Suiza?|Suiza?
- Mediador
- MUSEO PAZO DE TOR (REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO)
- Método de acumulación
- Legado testamentario
- Política de acumulación
- Taboada de Andrés, Mª Paz
- Fecha de entrega
- 19 de xan de 98
- Fecha de creación
- 30 de dec de 99
- Fecha de modificación
- Simón Vicente (Revisor). 29 de nov de 22
- Estado de conservación
- REGULAR
- Notas
- J E 1 (no interior da tapa) cylindre
- Conjuntos de fichas
- Instrumento de medida e precisión
Parte de Reloxo de bolsillo